Saltar ao contido

Laverne Cox

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLaverne Cox

(2014) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de maio de 1972 Editar o valor en Wikidata (52 anos)
Mobile, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónMarymount Manhattan College (en) Traducir
Alabama School of Fine Arts (en) Traducir
Universidade de Indiana (pt) Traducir
Fashion Institute of Technology (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActuación cinematográfica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Alabama Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónprodutora, activista LGBT, actriz de televisión, actriz, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2000 Editar o valor en Wikidata -
Familia
IrmánsM Lamar Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonte40 LGBT+ qui ont changé le monde (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Páxina weblavernecox.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1209545 Allocine: 412985 Rottentomatoes: celebrity/laverne_cox Allmovie: p712794
Facebook: lavernecoxforreal Twitter: Lavernecox Instagram: lavernecox Youtube: UCwlrt1R8SD_PioTACkvEMwA TikTok: lavernecox Spotify: 5wCCe0ividHoqcBtwgZLzn Last fm: Laverne+Cox Musicbrainz: 72727e6b-b14a-411b-9850-d3e75fbe973e Discogs: 5364206 Allmusic: mn0003563643 Genius: Laverne-cox Editar o valor en Wikidata

Laverne Cox, nada en Mobile (Alabama) o 29 de maio de 1972, é unha actriz estadounidense, estrela de reality shows, produtora de televisión e defensora dos dereitos da comunidade LGBT.[1][2][3] Fíxose coñecida polo papel de Sophia Burset na serie de Netflix Orange Is the New Black, serie con que se converteu na primeira persoa transxénero nomeada a un Emmy na categoría de actriz, e a primeira en ir de candidata a un Emmy desde a designación da compositora Angela Morley en 1990.[4][5]

Tamén é coñecida pola súa aparición como concursante no programa de VH1 I Want to Work for Diddy, e por producir e copresentar o programa sobre cambio de imaxe TRANSform Me, tamén de VH1. En abril de 2014, a Cox galardoárona co premio GLAAD polo seu traballo como defensora dos dereitos da comunidade transexual.[6] O 9 de xuño de 2014, Cox converteuse na primeira persoa transexual en aparecer na portada da revista Time.[7][8]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Cox naceu en Mobile, unha cidade de Alabama, e ten un irmán xemelgo, M. Lamar. O irmán fixo o papel de Sophia antes da operación de mudanza de sexo (co nome de Marcus) en Orange Is the New Black.[9][10][11] Cox recoñeceu nunha entrevista que se tentara suicidar ós 11 anos, cando se decatou de que desenvolvera sentimentos polos seus compañeiros e por sufrir bullying por non actuar "da forma en que alguén asignado home ó nacer debería comportarse".[12][13] Graduouse na Alabama School of Fine Arts en Birmingham, a capital do estado, onde se especializou en danza, e no Marymount Manhattan College en Nova York, onde mudou a danza pola interpretación.[10][14][15]

Carreira artística

[editar | editar a fonte]

Cox é coñecida principalmente polo seu papel en Orange Is the New Black facendo de Sophia Burset, unha muller transexual que está no cárcere por unha fraude de tarxetas de crédito. Previamente apareceu como concursante en I Want to Work for Diddy, e produciu e co-presentou o reality de VH1 TRANSform Me, o que a converteu na primeira persoa transexual afroamericana en producir e protagonizar o seu programa de televisión.[16][17] Ambos os programas foron nomeados ós premios GLAAD como reality shows destacados. Tamén apareceu nalgunhas series de televisión como Law & Order, Bored to Death ou Musical Chairs.

Ademais de traballar como actriz, fala publicamente e escribe artigos sobre os dereitos da comunidade LGBT e outros asuntos de actualidade en distintos medios, como o Huffington Post.[17] O seu papel en Orange Is the New Black deulle un poleiro desde o que falar sobre os dereitos da comunidade transexual. Nunha entrevista Cox dicía "Sophia é unha personaxe multi-dimensional co que a xente pode empatizar de verdade... e chás, están empatizando cunha persoa transexual real. E para a xente transexual aí fóra, que necesitan ver representación nos medios de xente coma eles e das súas experiencias, iso convértese en algo realmente importante."[18]

Cox apareceu na portada da revista Time do 9 de xuño de 2014, e foi entrevistada para o artigo "The Transgender Tipping Point" por Katy Steinmetz, do mesmo número, que era ademais o titular que aparecía na portada; isto converteu a Laverne Cox na primeira persoa transexual en aparecer na portada de Time.[7][19][20]

Ese mesmo ano Cox converteuse na primeira persoa transexual en ser nomeada a un Emmy na categoría de Mellor Actriz Secundaria nunha Serie de Comedia polo seu papel como Sophia Burset en Orange Is the New Black.[21][22][23]

Tamén en 2014, Cox apareceu no videoclip da canción de John Legend "You & I (Nobody In The World)".[24]

O 17 de outubro de 2014, estreouse en MTV e Logo o documental Laverne Cox Presents: The T Word, dunha hora de duración, producido e narrado pola propia Cox.[25]

  • En 2013, Cox recibiu o premio de honra Anti-Violence Project 2013 Courage e na entrevista que fixo para YouTube, dicía, "Wikipedia di que son unha activista, pero eu prefiro o termo defensora das persoas transexuais'"[26]
  • En novembro de 2013, Cox recibiu o premio dos lectores na gala de Out Magazine, que recollía a selección das "100 persoas máis irresistibles do ano".[27]
  • En 2014, a Cox escollérona Muller do Ano na revista Glamour.[28][29]
  • Tamén en 2014, Cox foi incluída no Root 100; unha lista que recoñece os "destacados líderes, innovadores e forxadores de cultura negros" de 45 anos ou máis novos.[30]
  • Tamén en 2014, Cox obtivo encabezou a lista World Pride Power do xornal británico The Guardian, onde saían as persoas máis influentes pertencentes á comunidade LGBT.[31]
  • Do mesmo xeito en 2014, Cox recibiu o premio Stephen F. Kolzak de GLAAD.[32]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Cine
Ano Título Papel Notas
2000 Betty Anderson Deirdre Curtametraxe
2004 Kings of Brooklyn, TheThe Kings of Brooklyn Moza
2008 All Night Layla Curtametraxe
2009 Uncle Stephanie Stephanie
2010 Bronx Paradise Prostituta
2011 Carla Cinnamon
2011 Musical Chairs Chantelle
2012 Migraine Lola Curtametraxe
2012 Exhibitionists, TheThe Exhibitionists Blithe Stargazer
2013 36 Saints Genesuis
2014 Grand Street Chardonnay
2017 Freak Show Felicia
Televisión
Ano Título Papel Notas
2008 Law & Order Candace Episodio: "Closet"
2008 I Want to Work for Diddy Como ela mesma 6 episodios
2008 Law & Order Minnie Episodio: "Sweetie"
2009 Bored to Death Prostituta transexual Episodio: "Stockholm Syndrome"
2010 TRANSform Me Como ela mesma Presentadora e produtora; 8 episodios
2013–2019 Orange Is the New Black Sophia Burset 64 episodios

Nomeada—Critics' Choice Television Awards for Best Supporting Actress in a Comedy Series

Nomeada—Primetime Emmy Award for Outstanding Guest Actress in a Comedy Series

2014 Faking It Margot Episodio: "Stupid Drama Queens"
  1. "Laverne Cox Bio". LaverneCox.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de agosto de 2016. Consultado o 13 de setembro de 2014. 
  2. Erik Piepenburg (12 de decembro de 2010). "Helping Gay Actors Find Themselves Onstage". The New York Times. Consultado o 12 de abril de 2012. 
  3. "Meet the Gay Man and Transgender Woman Who Want to Work for Diddy". AfterElton. Consultado o 12 de abril de 2012. 
  4. "Laverne Cox Becomes First Transgender Person Nominated for an Emmy, Time Magazine
  5. "Emmy Winning and Oscar Nominated Arranger Angela Morley Passes Away at 84 - BWWMoviesWorld". Broadwayworld.com. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  6. Rich Ferraro (31 de marzo de 2014). "Laverne Cox to be honored at 25th Annual GLAAD Media Awards in Los Angeles". Consultado o 31 de marzo de 2014. 
  7. 7,0 7,1 "Laverne Cox Is the First Transgender Person on the Cover of Time". The Wire. 29 de maio de 2014. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  8. "21 Transgender People Who Influenced American Culture". Time Magazine. 
  9. Bertstein, Jacob (12 de marzo de 2014). "In Their Own Terms – The Growing Transgender Presence in Pop Culture". The New York Times. Consultado o 21 de xuño de 2014. 
  10. 10,0 10,1 C.J. Dickson (25 de xullo de 2013). "She’s a survivor". Salon.com. Consultado o 4 de agosto de 2013. 
  11. "'Orange Is the New Black' Star Laverne Cox on Her Twin Brother's Surprising Role on the Netflix Series". Yahoo TV. 20 de agosto de 2013. Consultado o 10 de xaneiro de 2014. 
  12. "Laverne Cox: I Have One Wish For America". The New Civil Rights Movement. 18 de agosto de 2014. Consultado o 18 de agosto de 2014. 
  13. Hughes, Sarah. "Laverne Cox: ‘We live in a binary world: it can change’". The Independent. Consultado o 21 de xuño de 2014. 
  14. O'Bryan, Will (8 de agosto de 2013). "Laverne Cox Rocks – Metro Weekly - Page 2". Metroweekly.com. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  15. "Watch: Laverne Cox shoots down host who claimed she was ‘born a boy’ •". Pinknews.co.uk. 5 de agosto de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014. 
  16. "TRANSform Me". VH1. Arquivado dende o orixinal o 09 de febreiro de 2012. Consultado o 12 de abril de 2012. 
  17. 17,0 17,1 "Laverne Cox Bio". Huffington Post. Consultado o 12 de abril de 2012. 
  18. "Sitting Down With Orange Is the New Black Star Laverne Cox". Emertainment Monthly. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2013. Consultado o 9 de novembro de 2013. 
  19. Katy Steinmetz. "The Transgender Tipping Point". TIME. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  20. Myles Tanzer. "Laverne Cox Is On The Cover Of Time Magazine". Buzzfeed.com. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  21. "2014 Primetime Emmy nominees". Usatoday.com. 10 de xullo de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  22. "2014 Emmy Awards: 'Orange Is the New Black's' Laverne Cox Is First Transgender Nominee". ExtraTV.com. 10 de xullo de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  23. Gavin Gaughan. "Obituary: Angela Morley | Television & radio". The Guardian. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  24. "Morning Brew - Jodie Foster is back on the set of "Orange is the New Black"". AfterEllen.com. 11 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal o 15 de xullo de 2014. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  25. Locker, Melissa (17 de outubro de 2014). "Laverne Cox Doc Tackles Transgender Issues For MTV". Consultado o 29 de outubro de 2014. 
  26. "Laverne Cox and her Transgender Transformation (OVERSHARE EP 3)". YouTube. Consultado o 21 de novembro de 2013. 
  27. "Reader's Choice Award". Out.com. Consultado o 29 de xuño de 2014. 
  28. "Breaking News and Opinion on The Huffington Post". Consultado o 7 de novembro de 2014. 
  29. Glamour Magazine. "Laverne Cox Is a Glamour Woman of the Year for 2014: Glamour.com". Consultado o 7 de novembro de 2014. 
  30. Juro, Rebecca (11 de setembro de 2014). "Root 100 Recognizes African-American LGBT Luminaries". The Advocate. Consultado o 13 de setembro de 2014. 
  31. Materville Studios - Host of Windy City Times. "Gay team makes history; Laverne Cox tops world list - 520 - Gay Lesbian Bi Trans News Archive - Windy City Times". Windycitymediagroup.com. Consultado o 19 de xullo de 2014. 
  32. "Watch: Ellen Page presents ‘Orange Is the New Black’ star Laverne Cox with GLAAD award •". Pinknews.co.uk. 13 de abril de 2014. Consultado o 10 de agosto de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]