Lauren Gardner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLauren Gardner
Biografía
Nacemento20 de setembro de 1984 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Tese académicaNetwork based prediction models for coupled transportation-epidemiological systems (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónepidemióloga , enxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Johns Hopkins Editar o valor em Wikidata
Premios

Twitter: TexasDownUnder Editar o valor em Wikidata

Lauren Marie Gardner, é epidemióloga e enxeñeira, codirectora do Centro de Ciencia e Enxeñería de Sistemas de Hopkins. Dirixe o grupo que elaborou o mapa interactivo da Universidade Johns Hopkins, empregado para compartir información sobre a pandemia de COVID-19. [1] En 2020 foi elixida pola revista Time como unha das 100 persoas máis influíntes. [2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Lauren Gardner estudou enxeñería civil e arquitectura na Universidade de Texas en Austin e graduouse en 2006, realizando posteriormente un máster en 2008 e un doutoramento en 2011. Dende entón investiga o acoplamento de epidemias e rutas de tráfico. En 2011 converteuse en profesora na Universidade de Nova Gales do Sur. Ao mesmo tempo, foi membro do Centro de Investigación en Saúde Pública do Australian National Health and Medical Research Council (NHMRC) da Universidade de Melbourne. A partir de 2019 ensinou como profesora asociada no departamento de enxeñaría civil e de sistemas da Universidade Johns Hopkins onde é codirectora do Centro de ciencia e enxeñaría de sistemas.

Gardner analizou, entre outras cousas, en 2019 dentro dos Estados Unidos onde son máis probables as epidemias de xarampón e modelou o brote da epidemia do virus zika en América do Norte, Central e do Sur en 2015/2016 .

É a creadora do mapa interactivo da pandemia da COVID-19 da Universidade Johns Hopkins. [3] Puxeron o mapa en liña o 22 de xaneiro, e recibe aproximadamente 1.200 millóns de visitas ao día.[4] A principios de marzo de 2020, foi unha das expertas que declararon ante o Congreso sobre a pandemia.

Gardner explica as discrepancias entre o número de casos, por exemplo do Instituto Robert Koch, que publica as cifras oficiais das autoridades sanitarias nacionais alemás, polo feito de que están máis actualizados e tamén dependen de medios fiables e de institucións sanitarias locais. [5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Mapa del coronavirus en tiempo real". abc (en castelán). 2020-04-21. Consultado o 2020-11-05. 
  2. "Lauren Gardner: The 100 Most Influential People of 2020". Time. Consultado o 2020-11-05. 
  3. Coronavirus Dashboard der Johns Hopkins University
  4. López Lenci, Gisella, NOTICIAS EL COMERCIO (2020-05-07). "Coronavirus . Lauren Gardner, la mente brillante detrás del mapa en tiempo real más detallado del Covid-19". El Comercio Perú (en castelán). Consultado o 2020-11-06. 
  5. Christian Rickens, Barbara Gillmann: Lauren Gardner. Diese Frau steht hinter den Corona-Daten der Johns-Hopkins-Universität, Handelsblatt, 23. März 2020

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]