Laureano Santiso Girón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laureano Santiso Girón
Laureano Santiso Girón 1936.jpg
Retrato en Vida Gallega, 1936.
Nacemento1899
 Santiago de Compostela
Falecemento7 de setembro de 1981
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

Laureano Santiso Girón, nado en Santiago de Compostela en 1899 e finado en Madrid o 7 de setembro de 1981,[1] foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo o bacharelato no Instituto de Santiago de Compostela, que rematou en 1922.[2] Traballou como avogado. Masón membro da loxa Libredón. Membro do Partido Radical Socialista, participou no pacto de Lestrobe. Na República foi concelleiro de Compostela, designado deputado provincial polo distrito de Santiago-Padrón e foi correspondente de El Pueblo Gallego en Santiago de Compostela. Foi nomeado gobernador civil de Salamanca por Portela Valladares o 21 de decembro de 1935, permanecendo no cargo ata o 22 de febreiro de 1936. Nas eleccións de febreiro de 1936 presentouse na candidatura portelista da Coruña pero non foi elixido. Representou ao Partido Republicano de Centro no Comité Central da Autonomía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo agochado, pero foi localizado pola policía nunha casa da Uceira, na parroquia do Eixo, o 17 de setembro de 1937,[3] e foi detido e xulgado en Vigo co resultado de sobresemento provisional. En 1943 foi detido e encarcerado na prisión de Burgos. Volveu exercer a avogacía en Compostela a partir de 1949.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con Consuelo Martínez Lamas, coa que tivo unha filla, Matilde.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-9-1981, p. 60.
  2. El Compostelano, 16-6-1922, p. 1.
  3. El Eco de Santiago, 18-9-1937, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]