Laureano Oubiña
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1946 (78 anos) A Modia, España |
Residencia | Pazo Baión (1987–1995) |
Actividade | |
Ocupación | Contrabando, narcotraficante |
Familia | |
Cónxuxe | Esther Lago García (1983–2001) Rosa María Otero (1964–1983) |
Laureano Oubiña Piñeiro, nado na Modia (Cambados) o 30 de marzo de 1946, é un empresario, contrabandista e narcotraficante galego.
Foi condenado en tres ocasións por delitos contra a saúde pública: en 1990, no marco do sumario 13/90 (máis coñecido como Operación Nécora), foi condenado a 12 anos de prisión por tráfico de tabaco. A segunda foi de 4 anos de prisión por traficar en 1997 con 6 toneladas de haxix desde Galiza até os Países Baixos. A terceira foi de 6 anos e nove meses, por dirixir unha banda que intentou introducir en España 12,5 toneladas de haxix en 1999 no do barco Regina Maris. Amais, en 1994 foi condenado a 12 anos por branqueo de cartos, pero finalmente foi absolto e condenado a 6 anos por delitos fiscais.
En 1983 fora detido por contrabando de tabaco en Platja d’Aro (Xirona).
O 10 de febreiro de 2014 ingresa outra vez en prisión[1] para cumprir unha condena de 4 anos e 7 meses que lle fora imposta en 2012 pero que recorrera por motivos de saúde, finalmente rexeitada a súa solicitude a Audiencia Nacional pide o seu ingreso en prisión.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nacido no barrio cambadés da Modia, comezou a traballar con 10 anos na tenda de ultramarinos dos seus pais, e con 15 comezou a repartir en furgoneta produtos para feirantes ambulantes. Con 17 comezou a facer contrabando de gasóleo e café co seu tío, e meses despois fundou a súa propia empresa e empezou co tráfico ilegal de tabaco. Traballou de camioneiro e de empresario vitivinícola, facendo albariño nas viñas do Pazo Baión.
Con 18 anos casou con Rosa María Carro Otero, coa que ten oito fillos. En 1983 divorciouse, deixándoa por Esther Lago, até entón a súa secretaria e coa que tivo dúas fillas, da que enviuvou o 28 de febreiro de 2001 por mor dun accidente de tráfico.
Relación coa xustiza
[editar | editar a fonte]O seu avogado é Joaquín Ruiz Giménez Aguilar, e anteriormente foi defendido por Pablo Vioque.
Estivo 13 meses como prófugo para eludir a súa segunda condena, pero foi detido en Grecia en outubro de 2000. Estivo no centro penitenciario de Alcalá-Meco entre outono de 2000 e o 30 de marzo de 2004, cando foi trasladado á prisión de Zuera (provincia de Zaragoza), estando inscrito no FIES (ficheiro de internos de especial seguimento).
O 29 de abril de 2004 envioulles unha carta manuscrita aos deputados do Congreso Joan Puigcercós (ERC), Gaspar Llamazares (IU) e José Antonio Labordeta (Chunta Aragonesista) «con la finalidad de comentarles algunos puntos relacionados con la situación penitenciaria, esperanzado que desde su privilegiada posición, ver si es posible que ustedes aporten un grano de arena mejorando con ello toda esa crítica situación». A misiva remataba coa expresión «¡Viva la III República!».
O 28 de novembro de 2004 iniciouse en Madrid un novo xuízo por narcotráfico, e pediuse para el unha pena de seis anos e nove meses de prisión.
En 2008 estaba na prisión de Villena (provincia de Alacant), e en xuño de 2010 estaba pendente de ser excarcerado da prisión de Topas (Salamanca) logo de cumprir a súa pena.[2] En setembro de 2011, mentres cumpría a pena na prisión de Dueñas (Palencia), concedéuselle o terceiro grao e puxérono en liberdade o 17 de xullo de 2012.[3] Reingresou en prisión o 10 de febreiro de 2014 tras seren desestimados os recursos contra a súa condena por branqueo de capitais. O 13 de marzo de 2017, mentres cumpría prisión en Navalcarnero, o xuíz de vixilancia penitenciaria concedeulle o terceiro grao penitenciario, cos informes en contra de institucións penitenciarias, e Oubiña abandonou o cárcere.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ abc. "El narco Laureano Oubiña ingresa en prisión".
- ↑ "Laureano Oubiña continuara no cárcere" Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine., artigo n' A Nosa Terra, 7 de xuño de 2010
- ↑ "Laureano Oubiña sale de prisión". La Voz de Galicia (en castelán). 2012-07-17. Consultado o 2022-12-12.
- ↑ "Laureano Oubiña sale en libertad". El País. 13 de marzo de 2017. Consultado o 13 de marzo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Leiro Conde, B.: Un lugar tranquilo. Ed. Nigra, 1993.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Oubiña, el buen preso", entrevista de Aníbal Malvar en El Mundo, 8 de agosto de 2004 (consultado o 20 de abril de 2010) (en castelán).
- "Laureano Oubiña, el más famoso narco gallego habla desde la prisión de Alicante", Interviú, 20 de outubro de 2008 (consultado o 20 de abril de 2010) (en castelán).
- Oubiña: "Yo financié los partidos de Fraga y Suárez" Arquivado 18 de maio de 2013 en Wayback Machine. Vanity Fair.