Benito Leiro Conde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBenito Leiro Conde
Biografía
Nacemento1957 Editar o valor em Wikidata (66/67 anos)
Vilanova de Arousa, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata


Benito Leiro Conde, nado en Vilanova de Arousa en 1957, é un xornalista e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Graduado Social na Universidade de Santiago de Compostela. En 1984 gañou un concurso de redacción do concello de Vilanova de Arousa sobre o centenario do nacemento de Julio Camba, e pasou a traballar en El Correo Gallego. En 1990 recibiu o premio nacional de xornalismo Ortega y Gasset canda a Elisa Lois, Xosé A. Pérez e Alfonso Pérez por unha serie de reportaxes sobre o contrabando en Galicia.

Traballou no Xornal Diario de Pontevedra e no Faro de Vigo. Entre 2001 e 2015 foi responsable de Comunicación do Concello de Cambados.

Obras[editar | editar a fonte]

  • El Hombre que no quería ser nada, 1986.
  • Un lugar tranquilo. Contrabando, droga e corrupción nas rías galegas, 1993.
  • A Festa do Albariño. 50 anos na historia de Cambados, 2002.
  • Planeta Arousa, 2004.
  • El valor de una mujer. Julia Becerra Malvar, 2011 (con Xosé Lois Vila Fariña).
  • Julio Camba, un nudista en Vilanova. 2022

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

  • Premio nacional de xornalismo Ortega y Gasset (1990)
  • Premio Julio Camba (1999), polo artigo "Un nudista en Vilanova"


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]