Larvivora akahige

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Larvivora akahige
Wiki-komadori.jpg
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Muscicapidae
Xénero: Larvivora
Especie: L. akahige
Sinonimia

Erithacus akahige
Luscinia akahige

Larvivora akahige é unha especie de ave paseriforme da familia Muscicapidae que vive no arquipélago de Xapón e no leste da China.

Distribución e hábitat[editar | editar a fonte]

Macho.
Femia.

Cría nos bosques das illas do arquipélago xaponés, incluído o sur da illa de Sakhalin, ademais das illas Kuriles meridionais e outras illas menores. Migra para pasar o inverno no leste da China.

Taxonomía[editar | editar a fonte]

A especie foi descrita cientificamente en 1835 polo zoólogo holandés Coenraad Jacob Temminck, co nome binomial de Sylvia akahige. Posteriormente foi clasificado no xénero Erithacus, xunto a Larvivora komadori e o paporroibo europeo. Mais un estudo filoxenético de 2006 demostrou que as dúas especies asiáticas estaban máis próximas á hoxe chamada Larvivora cyane (naquel momento clasificado como Luscinia) que ao paporroibo.[2] Un amplo estudo de 2010 confirmou isto e ademais demostrou que o xénero Luscinia non era monofilético. Entón reinstaurouse o xénero Larvivora para resituar o clado que contiña os que hoxe se chaman Larvivora akahige, Larvivora komadori, Larvivora cyane e outras especies que se clasificaban en Luscinia.[3][4]

O nome científico desta especie, akahige é algo confuso, xa que é o nome común en xaponés do seu parente de Okinawa (Larvivora komadori), e viceversa, o nome científico deste último, komadori, é o nome común en japonés do L. akahige.

Recoñécense dúas subespecies:[4]

  • L. a. akahige Temminck, 1835 - encóntrase en Sakhalin, as Kuriles meridionais e as illas principais de Xapón;
  • L. a. tanensis Kuroda, 1923 - presente nalgunhas illas menores do sur do arquipélago xaponés (as illas Izu e as próximas a Kyūshū).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Larvivora akahige". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2018.1 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2016. Consultado o 22 de setembro de 2018. 
  2. Seki, Shin-Ichi (2006). "The origin of the East Asian Erithacus robin, Erithacus komadori, inferred from cytochrome b sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (3): 899–905. PMID 16529957. doi:10.1016/j.ympev.2006.01.028. 
  3. Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 57 (1): 380–392. PMID 20656044. doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008. 
  4. 4,0 4,1 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2016). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 6.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 20 May 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]