Larvivora komadori
Larvivora komadori | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Femia | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Erithacus komadori |
Larvivora komadori é unha especie de ave paseriforme da familia Muscicapidae endémica das illas Ryūkyū do Xapón.[2][3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Esta especie clasificábase antes no xénero Erithacus (os paparroibos), xunto a Larvivora akahige. Pero estudos filoxenéticos realizados en 2006 e 2010 demostraron que as dúas especies asiáticas estaban máis próximas á especie naquel momento clasificada como Luscinia cyane (hoxe Larvivora cyane) que do paparroibo.[4] Como Luscinia non era monofilético recuperouse o vello xénero Larvivora para situar o clado que contiña Larvivora komadori, Larvivora akahige, Larvivora cyane e outras especies (antes no xénero Luscinia).[5][6]
O nome científico desta especie, komadori, é algo confuso, xa que é o nome común en xaponés do seu parente Larvivora akahige, e viceversa, o nome científico deste último, akahige, é o nome común en xaponés de Larvivora komadori.
Recoñécense dúas subespecies:[6]
- L. k. komadori Temminck, 1835 - vive nas illas Ryūkyū setentrionais;
- L. k. namiyei Stejneger, 1887 - vive na illa de Okinawa.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "{{{taxon}}}". Lista Vermella de especies ameazadas. (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2016.
- ↑ Collar, N. J.; Andreev, A. V.; Chan, S.; Crosby, M. J.; Subramanya, S.; and Tobias, J. A., eds. (2001). "Ryukyu Robin". Threatened Birds of Asia: The BirdLife International Red Data Book. BirdLife International. ISBN 0-946888-44-2. Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2007. Consultado o 22 de outubro de 2018.
- ↑ Seki, Shin-Ichi (2006). "The origin of the East Asian Erithacus robin, Erithacus komadori, inferred from cytochrome b sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (3): 899–905. PMID 16529957. doi:10.1016/j.ympev.2006.01.028.
- ↑ Seki, Shin-Ichi (2006). "The origin of the East Asian Erithacus robin, Erithacus komadori, inferred from cytochrome b sequence data". Molecular Phylogenetics and Evolution 39 (3): 899–905. PMID 16529957. doi:10.1016/j.ympev.2006.01.028.
- ↑ Sangster, G.; Alström, P.; Forsmark, E.; Olsson, U. (2010). "Multi-locus phylogenetic analysis of Old World chats and flycatchers reveals extensive paraphyly at family, subfamily and genus level (Aves: Muscicapidae)". Molecular Phylogenetics and Evolution 57 (1): 380–392. PMID 20656044. doi:10.1016/j.ympev.2010.07.008.
- ↑ 6,0 6,1 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2016). "Chats, Old World flycatchers". World Bird List Version 8.1. International Ornithologists' Union. Consultado o 22 de setiembro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Larvivora komadori |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Larvivora komadori |