Lago Taihu
Aparencia
| Tipo | lago espazo natural protexido atracción turística chinesa rango AAAAA | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| País da cunca | República Popular da China | |||
| División administrativa | Jiangsu, República Popular da China | |||
| ||||
| Afluentes | ||||
| Características | ||||
| Altitude | 3,1 m | |||
| Profundidade | 2 m | |||
| Superficie | 2.250 km² | |||
| Lago Taihu | ||||
O lago Taihu é un gran lago situado no delta do río Yangzi. Cunha área de 2.250 km² e unha profundidade media de 2 metros, é o terceiro lago de auga doce da República Popular da China, despois do Poyang e dos lagos Dongting.
O lago está nunha das zonas de meirande produción de gran de todo o país. É a base dunha importante industria pesqueira. No lago atópase tamén rocha calcaria de gran calidade utilizada en decoración. Este tipo de rocha é a máis empregada no ornamento de xardíns tradicionais na zona de Suzhou.
