La casa de Lúculo
La casa de Lúculo o el arte de comer (nueva fisiología del gusto) | |
---|---|
Autor/a | Julio Camba |
Orixe | España |
Lingua | Castelán |
Tema(s) | Gastronomía |
Xénero(s) | Ensaio, comedia |
Data de pub. | 1929 |
La casa de Lúculo o el arte de comer (nueva fisiología del gusto) é unha obra literaria de Julio Camba, editado en 1929. É a súa peza máis difundida, e tamén a única que non consiste nunha recompilación de artigos. O título desta obra parte do nome de Lúculo, o que fora xeneral de Roma e que se caracterizaba porque "facía render por fame os inimigos e por satisfacción os amigos".
Características[editar | editar a fonte]
Este libro trata da gastronomía. Fala de temas como as boas maneiras, as técnicas culinarias e os alimentos. Iníciase cun prólogo chamado Hors d'œuvre onde o autor defende a súa autoridade para falar do tema. En La Gastronomía y la Ciencia expón as inquedanzas da xente de comezos do século XX, falando do descubrimento das vitaminas e expoñendo unha teoría dos alimentos, que dividía en dúas categorías: os que proporcionaban forza e calor e os que nutren as células e repoñen os desgastes dos tecidos.
Os seguintes capítulos son La cocina española, Otras cocinas, Técnica culinaria, Los vinos, Pescados de mar, Mariscos e Platos populares españoles, onde relaciona a arte culinaria coa historia e as particularidades das diversas cociñas e as propiedades das materias primas. O Camba viaxeiro neste libro fai percorrer ó lector as diferentes cociñas, que son analizadas cun perfecto coñecemento dos países que visitou e non perde tampouco a oportunidade de intercalar comentarios humorísticos e absurdos para algúns dos misterios da cociña. Remata a obra coas seccións Dos ensayos sobre la guía e Normas del perfecto invitado.
A obra ten numerosas citas noutras linguas como o alemán (incluída unha cita de Martiño Lutero), inglés, portugués, italiano, latín ou galego.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- La casa de Lúculo, ficha en www.juliocamba.com (en castelán).
- "Vicent presenta una edición de 'La Casa de Lúculo', de Julio Camba", atigo en El País, 3 de decembro de 2004 (en castelán).