La Voz Pública

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Voz Pública
LocalidadeOurense
editar datos en Wikidata ]

La Voz Pública foi un xornal publicado en Ourense entre 1915 e 1918.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulado Diario de Orense, apareceu o 31 de outubro de 1915. Dirixido por Francisco Álvarez de Nóvoa e Ceferino Valencia Novoa. Xurdiu como portavoz do Partido Liberal pouco antes das eleccións municipais de 1915, apoiou as campañas agraristas e foi rival do periódico conservador El Diario de Orense. Ocupouse da información local e comarcal, e incluíu colaboracións de Vicente Risco e Arturo Noguerol e nel seguiu a publicar Francisco Álvarez de Nóvoa as súas famosas columnas satíricas de El Miño, denominadas "Agujetas". A comezos do ano 1918 deixou de publicarse.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]