Arturo Noguerol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Arturo Noguerol
Arturo Noguerol Buján 1923.jpg
Arturo Noguerol, retrato en Vida Gallega, 1923.
Datos persoais
Arturo Noguerol Buján
Nacemento 6 de maio de 1892
Lugar Ourense, Galicia Galicia
Falecemento 12 de setembro de 1936 (44 anos)
Lugar Ferrol, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Ensaio
Ocupación Avogado
Organización Irmandades da Fala
Grupo Nós
Arturo Noguerol Buján 1922.jpg

Arturo Noguerol Buján, nado en Ourense o 6 de maio de 1892 e asasinado en Ferrol o 12 de setembro de 1936, foi un avogado e intelectual galeguista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Ourense e licenciouse en dereito na Universidade de Salamanca. Amigo de Vicente Risco participou na publicación La Centuria que foi de vital importancia para o paso dunha xeración de intelectuais ourensáns ao galeguismo das Irmandades da Fala que daría orixe á Xeración Nós. En 1918 foi un dos fundadores da Irmandá Rexionalista d’Ourense. Colaborou en A Nosa Terra e na revista Nós. Foi secretario de administración local e exerceu no Pereiro de Aguiar, Avión, Rianxo e Serantes. Cando era secretario do concello de Serantes foi detido, oficialmente por propalar noticias tendenciosas, tras a sublevación de xullo de 1936. Foi paseado, aparecendo o seu corpo nun foxo da estrada de Ferrol á Coruña.

Placa na casa onde viviu Noguerol, en Ourense

Obra[editar | editar a fonte]

  • Parolas sobre a propiedá, 1918 (publicado en La Región).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arturo Noguerol Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]