La Vila Mariners

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Vila Mariners
NomeLa Vila Mariners
Fundación2009
SedeLa Vila Joiosa, provincia de Alacant (España)
Estadio(s)Campo de El Pantano
PresidenteEspaña Ignacio González Dávila
AdestradorAustralia Bryce Bevin
Liga(s)Liga Superibérica
2009
Casa

La Vila Mariners, é o nome da franquía de rugby que engloba a clubs da Comunidade Valenciana e a Rexión de Murcia (España), que participa representando a estas dúas comunidades autónomas na Liga Superibérica

O equipo foi fundado en 2009, e nace aglutinando, nun principio, aos equipos de rugby destas comunidades: o Club de Rugby La Vila que participa na División de Honra e a clubs coma o Universidad de Murcia Rugby (Primeira Nacional) o Tavernes Rugby da rexional valenciana ou o Cartagena RC da rexional murciana, aínda que a súa intención é involucrar no proxecto a todos os clubs do levante español.

A marca deportiva Canterbury of New Zealand viste a esta franquía, ao igual que ás outras cinco participantes.

Orixe do Nome e Escudo[editar | editar a fonte]

O nome da franquía, Els Mariners, elixiuse pola tradición mariñeira da zona á que representa.

O logotipo ou escudo da mesma é o deus romano Neptuno cun balón de rugby saíndo do nome da franquía.

Historia[editar | editar a fonte]

Els Mariners participou no partido inaugural da primeira edición da Liga Superibérica que se celebrou nos Campos de Pepe Rojo o 24 de abril de 2009, nun partido no que se enfrontaron aos Vacceos Cavaliers de Castela e León. Contra todo prognóstico gañaron este partido por 12-36. Nesta primeira edición mostráronse intratables durante toda a fase regular da liga, clasificándose en primeiro lugar para a Final Four que se celebrou no Estadio Teresa Rivero do barrio madrileño de Vallecas. Tras unha semifinal na que demostrou a súa superioridade fronte aos Catalunya Blaus Almogàvers, gañando por 36-20, enfrontáronse na final cos Gatos de Madrid, que foi un partido que acabou en empate a 28 e que gañaron os madrileños por diferenza de ensaios.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]