Latour-de-Carol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "La Tor de Querol")

Coordenadas: 42°27′57″N 1°53′23″L / 42.46583, -1.88972

Latour-de-Carol
Escut de la Tor de Querol.svg
Información
País Francia Francia
Rexión Flag of Languedoc-Roussillon.svg Languedoc-Rosellón
Departamento Pireneos Orientais
Superficie 12,63 km²
Poboación 401 hab. (2007)
Densidade 31,75 hab./km²
Alcalde Albert Truno
Latour-de-Carol station - 2004-02-02.jpg
Estación internacional de Latour-de-Carol

Latour-de-Carol (en catalán: La Tor de Querol) é unha comuna francesa situada no departamento dos Pireneos Orientais, na rexión do Languedoc-Rosellón. Pertence ao distrito de Prades e ao cantón de Saillagouse e contaba con 401 habitantes en 2007.

Situada na Alta Cerdaña, no antigo territorio do Rosellón, é atravesada polo río Carol, afluente do Segre. Linda con España, concretamente co concello de Guils de Cerdanya, na provincia de Xirona.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica
1962 1968 1975 1982 1990 1999
359 359 381 390 364 367

Transporte[editar | editar a fonte]

É un paso e vía de comunicación importante, coa súa estación ferroviaria internacional Latour-de-Carol-Enveitg situada na confluencia de tres liñas ferroviarias:

  • cara ao noroeste, polo val do río Ariège cara a Tolosa e París. Ancho internacional (1435 mm), tensión eléctrica de 1,5 kV e alimentación por catenaria.
  • cara ao leste, a liña da Cerdaña (o Tren Amarelo). Ancho métrico (1000 mm), tensión eléctrica de 850 V e alimentación por terceiro carril.
  • cara ao sur, cara a Puigcerdà e Barcelona. Ancho ibérico (1668 mm), tensión eléctrica de 3 kV e alimentación por catenaria.

Estas circunstancias fan da estación de Latour-de-Carol-Enveigt un caso único en Europa.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

O tren Amarelo.
  • A estación de ferrocarril internacional que conecta España con Francia, coa particularidade de ter tres anchos de vía (internacional, vía estreita e ancho español) e tamén tres tipos diferentes de alimentación eléctrica (750 V DC por 3e raíl, 1,5 kV DC, e 3 kV DC).
  • Vestixios e torre medieval do antigo castelo case derrubado totalmente. A torre dá nome á comuna; torre en francés é tour.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]