José Altabella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Altabella
Nacemento1921
 Caspe
Falecemento28 de decembro de 1995
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornalista e catedrático de universidade
editar datos en Wikidata ]

José Altabella Hernández, nado en Caspe en 1921 e finado en Madrid o 28 de decembro de 1995[1], foi un xornalista e profesor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi bolseiro do Centro de Estudios Históricos, sección de Bibliografía (1935-1936). Despois foi bolseiro da Hemeroteca Municipal de Madrid (1947-1951), correspondente de L´Écho de la Presse et de la Publicité, colaborador de Gaceta de la Prensa Española (1942-72); Mundo Estudios de Información; Comunicación XXI, e AEDE, e xefe de sección de ABC de Madrid dende 1967.

Profesor da Escola Oficial de Xornalismo (1951-1975) e da Escola de Xornalismo da Igrexa (1966-1974). Cursou a carreira de Ciencias da Información, licenciándose en 1976 coa primeira promoción e foi nomeado profesor desa Facultade da Universidade Complutense, sendo o primeiro catedrático de Historia do Xornalismo Español.

Obras[editar | editar a fonte]

É autor de numerosos libros sobre historia do xornalismo. Ocupouse da prensa galega, sobre a que publicou os artigos:

  • "El periodismo lucense hasta nuestros días", 11/8/1958, El Progreso.
  • "Notas para una historia de la prensa en Orense", 1960.
  • "Síntesis histórica del periodismo vigués", 1960-61.
  • "Faro de Vigo y su proyección histórica", 1965. Con Francisco Leal Insua

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]