La Gaita Gallega
La Gaita Gallega foi un semanario que se editou na Habana en 1872.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Subtitulado Semanario humorístico habanero editado por una infinidad de bolos y gandules bajo la inspiración de el Doctor Triquitraque, apareceu o 7 de xaneiro de 1872. O Doutor Triquitraque era en realidade Miguel Blanco Herrero, quen explicou a desaparición da revista no último número. Publicou traballos referidos a temas de costumismo local cun ton divertido, sen alusión a Galicia. Tiña como emblema unha escena popular galega: un gaiteiro e varias parellas bailando a muiñeira. Saíron seis números pechando a publicación o 11 de febreiro de 1872.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Neira Vilas, Xosé (2005). "Gaita Gallega, La". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2018. Consultado o 21 de abril de 2018.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 84-87172-30-X.