La Democracia (Madrid)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Democracia
Fundación1 de xaneiro de 1864
Remata21 de xuño de 1866
DirectorEmilio Castelar
Tendenciademócrata
Linguacastelán
LocalidadeMadrid
Ámbito(España)
Periodicidadediaria
editar datos en Wikidata ]

La Democracia foi un xornal fundado por Emilio Castelar e editado en Madrid entre 1864 e 1866, durante o reinado de Isabel II.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fundado en 1863,[1] o primeiro número apareceu o 1 de xaneiro de 1864, editábase en Madrid, primeiramente na imprenta de Minuesa, e despois cambiou á Imprenta Universal.[2] Estaba dirixido por Emilio Castelar, e mantivo fortes polémicas co xornal La Discusión;[2] tamén criticou arreo a raíña Isabel II como no artigo de 1865 que provocou a súa expulsión da Universidade[1] e que motivou as protestas estudantís que ocasionaron a denominada Noite de san Daniel. Segundo Joseph A. Brandt, opúñase tanto á monarquía como ao socialismo.[3]

A súa publicación estivo suspendida por causas políticas desde o 13 de xaneiro até o 18 de marzo de 1866,[2] e cesou definitivamente o 21 de xuño de 1866.[2]

Entre os seus redactores atopáronse persoas como Eusebio Blasco, Roque Barcia Martí, José María Carrascón, Rafael Coronel e Ortiz, José Fernando González, Manuel Grajales, José Güell i Mercader, José Martínez Soler, José María Ourense, Pedro Pruneda, Javier de Ramírez, Antonio Ramos Calderón, Francisco Rodríguez García, Julián Sánchez Ruano, Juan Uña, Antonio del Val i Ripoll, e, posiblemente, Francisco Salmerón e Alonso e Salvador Saulate.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rosenblatt (1972), p. 183
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Hartzenbusch (1894), p. 220
  3. Rosenblatt (1972), p. 200

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]