La Caleta, Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLa Caleta, Málaga

Localización
Mapa
 36°43′15″N 4°24′09″O / 36.7209, -4.40257Coordenadas: 36°43′15″N 4°24′09″O / 36.7209, -4.40257
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAndalucía
ProvinciaProvincia de Málaga
MunicipioMálaga
District of Málaga (en) TraducirCentro (District 1) (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Hotel Caleta Palace.

La Caleta é un barrio do distrito Centro da cidade de Málaga, en Andalucía (España). Ocupa unha estreita franxa costeira entre o barrio de La Malagueta, ao oeste, e o barrio de Bellavista, ao leste. O límite sur fórmao o mar Mediterráneo, mentres que o límite norte constitúeno a Avenida de Príes e o Paseo de Sancha, que o separan dos barrios da Cañada de los Ingleses, Monte Sancha, El Limonar e Miramar.[1]

La Caleta foi inmortalizada na obra de Isaac Albéniz Rumores de la Caleta.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Coñécese a existencia dalgunhas vivendas de pescadores na zona que ocupa o actual barrio durante a época musulmá. Tras a toma de Málaga polos Reis Católicos, a zona comezou a ser coñecida como La Caleta del Marqués, por ser neste lugar onde instalou o seu campamento o Marqués de Vélez durante o asedio. A finais do século XVII realizáronse traballos para achandar o terreo montañoso, coa creación dunha vía arborizada, pontes e rotondas e, xa no século XIX converteuse nunha área recreativa para a celebración de romarías e festexo do Nadal.[2]

Como outros barrios da zona leste de Málaga, La Caleta comezou a tomar forma urbana a finais do século XIX, cando foi escollida como zona de residencia da alta burguesía da época e empezaron a xurdir luxosas vilas residenciais que aínda forman a tipoloxía edilicia preponderante no barrio.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Palacio de Miramar
  • Hotel Caleta Palace
  • Vila Cele María
  • Paseo de Sancha 34 e 36
  • Casas de Cantó

Transporte[editar | editar a fonte]

En autobús o barrio queda conectado mediante as seguintes liñas da EMT: C3, 11, 32, 33, 34, 35 e N1.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Plano oficial de delimitación de barrios do distrito 1" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 01 de marzo de 2014. Consultado o 05 de febreiro de 2017. 
  2. 2,0 2,1 Lara Villodres, Antonio. El Avisador Malagueño nº 55, ed. "La Caleta de Málaga" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xuño de 2013. Consultado o 25 de maio de 2011.