José Arias Díaz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1857 A Coruña, España |
Morte | outubro de 1949 (92 anos) A Coruña, España |
Concelleiro | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | obreiro , sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
José Arias Díaz, nado na Coruña o 30 de maio de 1857 e finado na mesma cidade en outubro de 1949, foi un obreiro, sindicalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mozo de almacen. Foi elixido tesoureiro da xunta directiva da Sociedad Cooperativa de Obreros da Coruña en 1900.[1] Participou no acto que organizou o Centro de Estudios Sociales Germinal en homenaxe a Émile Zola, en outubro de 1902 e, ao mes seguinte, na homenaxe a Pi i Margall. Participou nun mitin de Unión Republicana no Teatro Principal da Coruña en abril de 1903. Foi elixido concelleiro da Coruña en novembro de 1903 como republicano,[2] e volveu ser elixido concelleiro nas sucesivas eleccións até 1913. Interveu nos mitin anticlericais organizados por La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento en xuño de 1903 e no de decembro de 1906 no Teatro Circo. Foi un dos impulsores da institución cultural La Antorcha Galaica del Libre Pensamiento, da que foi presidente en 1909.[3] Finou na Coruña en outubro de 1949.[4]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Medalla de bronce do Traballo en 1931.[5]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con Juana Viñol Incógnito e foi pai de Enrique Arias Viñol.