Lágrimas de Sangre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura


Lágrimas de Sangre
Làgrimas de sangre.jpg
Lágrimas de Sangre.
OrixeEspaña
Páxina weblagrimasdesangre.com

Lágrimas de Sangre é un banda de música que nace en Barcelona, concretamente en El Masnou, no ano 2006. O tipo de música que tocan é rap combativo que se inspira no hip hop, rock e o reggae. O grupo está formado por Acid Lemon (DJ e produtor), Neidos, Ramón Anglada (guitarrista), Still III e Microbio (como cantantes).

Historia[editar | editar a fonte]

A banda lanza o primeiro álbum Coincidencia en 2007 e comezan a actuar como abreconcertos de Dani Ro. Neste momento a banda estaba composta por Neidos, Microbio, Kaiz e Enigmah. En 2008, sacan o seu álbum Dos punto cero e despois disólvese o grupo. En 2010 volven a unirse grazas a Still III e nace por primeira vez o nome Lágrimas de Sangre.

En maio de 2011, lanzan os 3 temas máis reinvindicativos dentro dun conxunto chamado «15-LDS» incluído no álbum La Real Música Explícita. Este traballo recibiu moi boas críticas e numerosas visitas a Youtube. No 2012 o grupo saca Derechos y Derechas e o ano seguinte tómanse un descanso ata final de ano, onde co tema «En la herida», incorpórase o grupo Acid Lemon. En 2014 presentan Movidas y Delirios.

No 2015 LDS volve cun novo disco Si uno no se rinde, caracterizado por un rap combativo e a canción «Voy a celebrarlo», con moitas visualizacións en YouTube a pouco de saír. Nesta época únese o grupo o guitarrista Ramón Anglada. LSD pon fin a xira deste disco despois de ano e medio recorrendo a xeografía catalá e vasca.

En 2016 volven máis fortes ca nunca co seu traballo Viridarquía, álbum composto de 15 cancións, nas que se inclúen colaboracións con grupos coñecidos como Zoo, Glaukoma, Chalart58 e a cantautora Silvia Tomás. Este disco tivo moita forza con concertos por toda España e en 17 deles coas entradas todas vendidas.

No 2017, destaca o éxito conseguido no festival Viñarock xa que foron un dos grupos con máis poder xunto co rapeiro Kase-O e os grupos Txarango e La Pegatina. Miles de mozos desfrutaron da actuación do grupo e sobre todo da canción «La gente» do novo disco Viridarquía. En 2018 o grupo amosaba unha axenda chea de concertos, converténdose nun dos grupos máis solicitados para festivais.

En 2019 sacan o álbum Vértigo. Neste reflicten o que significa para eles, un grupo de amigos que fan música por diversión, acadar a fama, cos pros e contras que ten ser un personaxe público. O disco esta comporto por 17 cortes, que nacen da necesidade expresiva que caracteriza a esta banda.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]