Saltar ao contido

L'Arminuta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

L'Arminuta
Autor/aDonatella Di Pietrantonio
OrixeItalia
LinguaItaliano
Xénero(s)Novela
EditorialGiulio Einaudi Editore
Data de pub.2017
Premios
editar datos en Wikidata ]

L'Arminuta ("A Retornada" no dialecto abruzo[1]) é unha novela en lingua italiana da escritora Donatella Di Pietrantonio, publicada en 2017 por Giulio Einaudi Editore. Foi vencedora do Premio Campiello nese mesmo ano.[2][3]

O título refírese á protagonista, unha rapaza de trece anos sen saber o motivo, volve vivir coa súa familia biolóxica despois de estar toda a súa infancia cunha familia diferente que tomara pola propia. Enfróntase a unha vida dura nun contorno pobre, alleo e hostil. Só establece contacto coa irmá Adriana, pouco faladora, o irmán máis vello Vincenzo e o bebé Giuseppe. Especialmente difícil é o trato coa nai.

Ao cabo dun tempo sabe que fora adoptada por Adalgisa porque esta non fora nai. Máis tarde Adalgisa fica embarazada con outra persoa, e ante a chegada dun bebé, a nena marcha da cidade costeira á aldea coa nai biolóxica.

Ao tempo, a rapaza prosegue os seus estudos na escola, onde destaca polas súas competencias.

Narración

[editar | editar a fonte]

A obra está narrada en primeira persoa, seguindo unha orde cronolóxica en capítulos curtos. A linguaxe é sinxela e expresiva.[1]

  1. 1,0 1,1 Roberto Ciuffini (27 de marzo de 2017). "Le due madri di Donatella Di Pietrantonio: intervista alla scrittrice abruzzese diventata un caso editoriale nazionale". news-town.it (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 01 de abril de 2019. Consultado o 09 de xaneiro de 2019. 
  2. "Campiello: vince Donatella Di Pietrantonio con "L'Arminuta"". la Repubblica (en italiano). 9 de setembro de 2017. 
  3. Eleonora Falci (10 de setembro de 2017). "Campiello, vince l'Abruzzo con L'Arminuta". ilcapoluogo.it (en italiano). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]