Dialecto abruzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dialectos do napolitano ou italianos meridionais.

O dialecto abruzo ou abruzzese é un dialecto do grupo napolitano ou italiano meridional falado en Abruzos que se considera de transición co italiano central. A característica fundamental do dialecto abruzzese é a presenza do e mudo, o "e" final átono que fai terminar moitas palabras cun son indistinto, amortecido, pero que non chega á supresión total da vocal (allegrìe -> allegri', Ddìe -> Diì', vìe -> vì'). O alfabeto abruzzese inclúe tamén outras dúas letras:

  • o j (i longa) que substitúe ao italiano gl (pajare, bbersajere) e que se duplica se precede a unha vogal tónica (a paglia -> a pajje);
  • o ç (c coa cedilla) nas palabras que teñen un son arrastrado semellante a sci e sce, pero máis amortizado. Para maior claridade é significativo este exemplo: caçe (cacio) e casce (cassa).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]