Donatella Di Pietrantonio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Donatella Di Pietrantonio
DonatellaDiPietrantonioLiteraturhausKoeln2019.jpg
Nacemento5 de xaneiro de 1963
 Arsita
NacionalidadeItalia
Alma máterUniversità degli studi dell'Aquila
Ocupaciónescritora e odontóloga
editar datos en Wikidata ]

Donatella Di Pietrantonio, nada en Arsita (provincia de Teramo) o 5 de xaneiro de 1962, é unha escritora italiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Odontoloxía na Università degli studi dell'Aquila, onde se licenciou en 1986. Despois exerceu como dentista pedriática en Penne, na provincia de Pescara.[1]

En 2011 publicou a súa primeira novela, Mia madre è un fiume, ambientada na súa terra natal. Tamén nese ano publicou o relato Lo sfregio na revista Granta Italia de Rizzoli. En 2013 publicou a súa segunda novela, Bella mia. Ambientada en L'Aquila[1] e influenciada pola terremoto de L'Aquila de 2009, céntrase na perda e a elaboración do loito,[1]. A obra foi candidata ao Premio Strega e gañou o Premio Brancati en 2014.[2]

En 2017 publicou a súa terceira novela, L'Arminuta ("A Retornada" no dialecto abruzo[1]), ambientada tamén nos Abruzos. O libro explora o tema da relación nai-filla nos seus aspectos máis anómalos e patolóxicos.[1].

Obra[editar | editar a fonte]

Novelas[editar | editar a fonte]

Contos[editar | editar a fonte]

  • "Lo sfregio", Granta Italia nº. 2, Rizzoli, 2011

Artigos[editar | editar a fonte]

  • "Le case delle bambole non devono crollare", Il Corriere della Sera, 2011
  • "Abbottonati all'ingresso", Nuovi Argomenti n. 56, 2011
  • "La cena della neve", Il Centro, 2012
  • "Storie di montagna", Il Corriere della Sera, 2012
  • "A cena per conoscersi", Il Corriere della Sera, 2015

Premios e recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Roberto Ciuffini (27 de marzo de 2017). "Le due madri di Donatella Di Pietrantonio: intervista alla scrittrice abruzzese diventata un caso editoriale nazionale". news-town.it (en italiano). 
  2. "'Bella Mia' di Donatella Di Pietrantonio candidato al Premio Strega". elliotedizioni.com (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2017. Consultado o 28 de outubro 2017. 
  3. "Donatella Di Pietrantonio vince la quinta edizione del Premio Tropea". Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2018. Consultado o 09 de xaneiro de 2019. 
  4. "Campiello: vince Donatella Di Pietrantonio con "L'Arminuta"". la Repubblica (en italiano). 9 de setembro de 2017. 
  5. Eleonora Falci (10 de setembro de 2017). "Campiello, vince l'Abruzzo con L'Arminuta". ilcapoluogo.it (en italiano).