Kurt Busiek
(2012) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 16 de setembro de 1960 Boston |
| Educación | Universidade de Syracuse Lexington High School |
| Actividade | |
| Ocupación | artista de banda deseñada, guionista de cómics |
| Período de actividade | 1982 |
| Influencias | |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Premios | |
| |
| Sitio web | Busiek.com |
Kurt Busiek, nado en Boston o 16 de setembro de 1960, é un guionista de banda deseñada, notable polo seu traballo en Marvels, en Astro City que foi creación propia e na cuarta tempada de Avengers.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Medrou en varias cidades da área de Boston, entre elas Lexington, onde foi amigo do futuro creador de banda deseñada Scott McCloud.[1] Na súa infancia non foi lector habitual de banda deseñada nin consumidor de debuxos animados, os seus pais non llos permitían ter agás coleccións aprobadas por eles como Astérix ou Tintin [2], de feito non comezou a lelos con regularidade ata os catorce anos, cando se fixo cun exemplar de Daredevil #120 e comezou a se apaixonar, con McCloud comezou a facer bande deseñada no instituto. Durante o último semestre no instituto envioulle material ao editor Dick Giordano en DC Comics, recibindo invitacións para seguirlle enviando material e que conduciu ao seu primeiro traballo profesional, que se publicou en Green Lantern #162 (marzo de 1983).[1]
En 1997, Busiek principiou o seu traballo en Avengers xunto co debuxante George Pérez, e aínda que Pérez deixou a serie en 2000, Busiek continuou como guionista durante dous anos máis, colaborando con Alan Davis, Kieron Dwyer e outros. En 2003 Busiek volveu formar parella con Perez para crear JLA/Avengers.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 B., Sergio. Interview at Comic Book Gazette (Apr. 15, 2006). Consultado o 25 de maio de 2012.
- ↑ "Entrevista en The Comics Journal 216". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2012. Consultado o 26 de maio de 2012.
- ↑ Cowsill, Alan (2010). "2000s". En Dorling Kindersley. DC Comics Year By Year A Visual Chronicle. p. 311. ISBN 978-0-7566-6742-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial de Kurt Busiek Arquivado 27 de outubro de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)
- Kurt Busiek en Twiter (en inglés)
- Kurt Busiek en Facebook (en inglés)
- Web de Astro City (en inglés)