Kunisaki (国東市, くにさきし, Kunisaki-shi) é un concello da prefectura de Ōita no Xapón. Está situado na península de Kunisaki, na parte nordeste da prefectura, e ao nordeste da rexión de Kyūshū, na illa de Kyūshū. Ten 317,84km² de superficie, unha poboación de 33.088 habitantes (2009) e unha densidade de poboación de 104 h/km².
A cidade de Kunisaki foi fundada pola fusión de 4 concellos de vilas do distrito de Higashikunisaki (Kunimi-chou, Kunisaki-machi, Musashi-machi e Aki-machi) no ano 2006.