Kufra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kufra (en árabe كفرة; en grafía francesa Koufra, en inglesa Kufra) é un coñecido oasis do deserto de Libia, na rexión de Cirenaica (aproximadamente 23.3°N, 22.9°E), aliviador lugar de descanso das caravanas de mercadores árabes que atravesaban de norte a sur este inferno de area.

Historia[editar | editar a fonte]

O lugar xogou un certo papel na campaña do Norte de África durante a Seconda Guerra Mundial, na que foi teatro de operacións na batalla de Kufra. O lugar que tornárase un punto estratéxico como escala de avións, unha vez que Suez foi pechado. En febreiro de 1941, despois de dez días de ataques, tropas da Francia Libre e un destacamento británico conseguiron que se rendise a súa gornición de 400 italianos e 800 autóctones.

Etapa sahariana[editar | editar a fonte]

Actualmente Kufra é un lugar de paso na ruta dos inmigrantes subsaharianos que atravesan o grande deserto pola súa zona central.

Agricultura en Cufra[editar | editar a fonte]

A inicios dos anos 1970, o estado libio impulsou en Kufra un vasto proxecto agrícola, tentando desenvolver a agricultura no deserto. A auga de irrigación obtense de acuíferos do subsolo, non renovábeles e que son a única fonte de auga na zona. O regadío efectúase por un sistema radial, alcanzando así rego nun diámetro de cerca dun quilómetro. Tal logro pode observase desde o espazo.