Kroke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kroke
Kroke at Mieres.jpg
Concerto de Kroke en Mieres
OrixeCracovia, Polonia Flag of Poland.svg
Período1992 – actualidade
Xénero(s)Folk
Selo(s) discográfico(s)Oriente
EMI
MembrosTomasz Kukurba
Jerzy Bawoł
Tomasz Lato
Páxina webwww.kroke.krakow.pl

Kroke (que significa Cracovia en yiddish) é unha banda klezmer polaca formada no ano 1992. Aínda da influencia klezmer, Kroke crea e toca composicións orixinais empregando ornamentación auténtica, estilos e escalas tanto de música klezmer como sefardí, dando como resultado un son que é á vez contemporáneo e distintivamente xudeu. Toman, igualmente, bases da súa experiencia no jazz e na música clásica.

No 2007 participaron no Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira.

Membros[editar | editar a fonte]

* Tomasz Kukurba Contrabaixo
* Tomasz Lato Viola
* Jerzy Bawoł Acordeón

Historia[editar | editar a fonte]

Fundada en Cracovia (Polonia) no 1992, foron alcanzando gran popularidade en pouco tempo grazas as súas actuacións en importantes festivais de Europa, entre os que destacan os Womad de Las Palmas (España), Reading (Reino Unido), o E.B.E. Contemporary Folk Music de Roskilde (Dinamarca) e o Festival Internacional do Mundo Celta (Ortigueira), ou numerosos encontros de música xudía. Compartiron escenario con artistas do talle de Van Morrison, Ravi Shankar, Klezmatics ou Natacha Atlas entre outros, colaborando recentemente co violinista Nigel Kennedy no álbum East Meets East.

Entre os seus admiradores, cóntanse actores como Ben Kingsley e Kate Capshaw, ou directores como Steven Spielberg.

No ano 2003, uniuse á banda o percusionista Tomasz Grochot.

Foron nomeados ao German Musical Critics Award polo seu disco Live At The Pit, gañando o German Record Critics Award 2000 por Sounds Of The Vanishing World

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums[editar | editar a fonte]

* Trío - Klezmer Acoustic Music (1996)
* Eden (1997)
* Live At The Pit (1998)
* Sounds Of The Vanishing World (1999)
* Ten Pieces To Save The World (2003)
* East Meets East (2003)
* Quartet - Live At Home (2004)
* Seventh Trip (2007)

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]