Kosmos 321

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kosmos 321
Tipo Científico
Destino actual Reentrado na atmosfera.[1]
Data de lanzamento 20 de xaneiro de 1970, 20:20 GMT[1][2][3][4][5]
Foguete portador Kosmos 2I[2][6]
Sitio de lanzamento Cosmódromo de Plesetsk[2]
Obxectivo da misión Estudo do polos magnéticos terrestres.[2]
Decaemento 23 de marzo de 1970[1]
NSSDC ID 1970-006A
Masa 400 kg[7]

Kosmos 321 (Космос 321 en ruso), tamén denominado DS-U2-MG Nº 1, foi un satélite artificial soviético lanzado o 20 de xaneiro de 1970 mediante un foguete Kosmos 2I desde o cosmódromo de Plesetsk.[2][6][8]

Características[editar | editar a fonte]

Kosmos 321 foi o primeiro membro do modelo de satélites DS-U2-MG. Estaba adicado a facer observacións científicas dos polos magnéticos terrestres. Foi seguido polo Kosmos 356. Kosmos 321 foi inxectado nunha órbita inicial de 507 km de apoxeo e 280 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 71 graos e un período de 92,1 minutos. Reentrou na atmosfera o 23 de marzo de 1970.[7][3][1]

Resultados[editar | editar a fonte]

Kosmos 321 estudou as subtormentas magnéticas do 4 de marzo de 1970 e do 8-10 de marzo dese mesmo ano. Estudou tamén os electrochorros, o efecto das correntes lonxitudinais magnetosféricas e ionosféricas, medindo ademais por primeira vez os efectos dun electrochorro ionosférico ecuatorial na ionosfera e a súa indución sobre a Terra.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. «COSMOS 321» (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2012. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 NASA (14 de maio de 2012). «Cosmos 321» (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2012. 
  3. 3,0 3,1 «Letter dated 3 April 1970 from the Permanent Representative of the Union of Soviet Socialist Republics addressed to the Chairman of the Committee on the Peaceful Uses of Outer Space» (PDF) (70-10796). 14 de maio de 1970. p. 2. Consultado o 25 de setembro de 2012. 
  4. «SPACECRAFT SCOREBOARD 1970 PART ONE» (PDF). 16 de xullo de 1970. p. 98. FLIGHT International. Consultado o 25 de setembro de 2012. 
  5. Claude Lafleur (2010). «Kosmos 321» (en inglés). Consultado o 25 de setembro de 2012. 
  6. 6,0 6,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. «DS-U2-MG» (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2012. 
  7. 7,0 7,1 Mark Wade (2011). «DS-U2-MG» (en inglés). Consultado o 22 de setembro de 2012. 
  8. «Han sido puestos en órbita los «Cosmos 321 y 322»» (PDF). 22 de xaneiro de 1970. p. 22. LA VANGUARDIA ESPAÑOLA. Consultado o 25 de setembro de 2012. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]