Korrika

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rapaces levando o testemuño da Korrika durante a edición do 2009.
Edición do 2009 no traxecto entre Getxo e Leioa.

A Korrika (correndo en galego) é unha carreira reivindicativa que se celebra correndo por todo o País Vasco en prol da lingua éuscara.

Organización[editar | editar a fonte]

O promotor da iniciativa é a asociación de euskaltegis AEK (centros de ensinanza da lingua éuscara). A primeira Korrika tivo lugar en 1980 e adoitase celebrar cada dous anos. Ten unha duración de dúas semanas, nas que se percorre todo o territorio, e o percorrido, arredor de 2300 quilómetros, varía tódalas edicións. A principal peculiaridade desta marcha é que non se detén en ningún momento, nin sequera de noite. Dende a saída ata o final, fanse relevos de vila en vila por tramos de quilómetro. A Korrika ten uns niveis de participación moi altos, chegando mesmo ós 600 000 participantes.

Á cabeza da marcha, hai unha persoa que porta un testemuño. Cada quilómetro da carreira pórtao unha persoa ou asociación que "merca os quilómetros" para axudar economicamente á defensa e promoción da lingua. O testemuño, que se conserva dende a primeira edición, está feito cun pau de madeira tallado cunha ikurriña pendurada.

Tralo testemuño, fórmase a cabeceira da marcha, cuxos integrantes portan unha pancarta na que se le o lema Euskal Herria euskalduntzen. Ni ere bai! ("Euskaldunizando o País Vasco. Eu tamén!" en galego). A continuación, concéntranse o resto dos participantes, que corren sen espírito competitivo polas rúas cheas de espectadores durante todo o traxecto. De xeito paralelo, a Euskaltzaindia, ou Real Academia da Lingua Vasca, organiza diversos actos culturais de cara á promoción e emprego da lingua.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]