Euskaltegi
Os euskaltegi (pronunciado "euskaltegui") son centros de ensino da lingua éuscara orientados, maioritariamente, á ensinanza de adultos. Os euskaltegis atópanse principalmente na Comunidade Autónoma Vasca e Navarra, aínda que tamén os hai en Iparralde. Ademais, as euskal etxeas (casas ou centros culturais vascos) atópanse distribuídas por todo o mundo.
Existen dous tipos de euskaltegis dependendo da súa titularidade:
- Euskaltegis públicos: dependentes dos concellos. Denomínanse Udal euskaltegiak e no 2009 había 44 en Euskadi.
- Euskaltegis privados: dependentes de organismos ou persoas privadas.
A meirande parte dos euskaltegis de titularidade privada agrúpanse en federacións, entre as que destacan Alfabetatze eta Euskalduntze Koordinakundea (AEK) e Ikastari Kultur Elkartea (IKA). Aqueles euskaltegis onde se poden realizar estudos en réxime de internado reciben o nome de barnetegi (pronunciado "barnetegui").
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O termo euskaltegi componse da palabra éuscara euskal, que se refire á lingua éuscara e -tegi que sinala "lugar",[1] en consecuencia, o termo pódese traducir como "o lugar do éuscaro". Barnetegi componse por barne que significa "interno" e podería traducirse como "lugar de internos".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kintana e outros, Xabier (1991). Hiztegia bi mila. Donostia: Elkar S.A. ISBN 84-7529-983-0.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Aprende éuscaro!Arquivado 20 de marzo de 2013 en Wayback Machine., no portal da mocidade de Euskadi na web do Goberno Vasco. (en éuscaro) (en castelán)
- Web de Ulibarri Euskaltegia, en Bilbao Arquivado 02 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. (en éuscaro) (en castelán)
- Páxina web de AEK Alfabetatze Euskalduntze Koordinakundea Coordinadora de Alfabetización en éuscaro (en éuscaro) (en castelán) (en francés)
- Web de HABE (en éuscaro) (en castelán)
- Páxina web de IKA, Ikastari Kultur Elkartea (en éuscaro) (en castelán)