Chama do Canigó, símbolo da lingua catalá, levada a Barcelona por Correllengua 2007.
O Correllengua é unha iniciativa popular que se celebra anualmente nos territorios de fala catalá co obxectivo de amosar a vitalidade da lingua e fomenta-lo seu uso social. Consiste na celebración de actividades de carácter lúdico, festivo, pedagóxico e reivindicativo en diversas vilas, barrios e cidades, dando lugar a múltiples Correllengües que comparten, como elemento cohesivo, o nomeado "Pas de la flama" e a lectura dun manifesto, que cada ano é encargado a unha figura de prestixio que destaque polo seu apoio e defensa da lingua e da cultura. A coordinación dos actos lévaa a Coordinadora d'Associacions per la Llengua catalana (CAL), Acció Cultural del País Valencià (ACPV) e Joves de Mallorca per la llengua.
Edición tras edición, o Correllengua gañou apoios e implantación, pasando dunha ducia de poboacións implicadas nos primeiros anos, a máis de trescentas que participan actualmente en tódolos Países Cataláns.