Kneecap

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kneecap
OrixeBelfast, Irlanda do Norte
Período2017 - actualidade
Xénero(s)rap
MembrosMóglaí Bap
Mo Chara
DJ Provaí

Kneecap (en inglés "rótula") é un trío de rap orixinario de Belfast que fai música en lingua irlandesa. Os seus integrantes son Móglaí Bap e Mo Chara, cos que tamén toca o DJ Provaí.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 2017 lanzaron o seu primeiro sinxelo, "C.E.A.R.T.A".[2] Acadaron sona cando a Raidió Teilifís Éireann (a canle pública irlandesa) censurou a canción.[3] As súas letras falan sobre a precariedade laboral, as drogas, o sexo, a festa, pero tamén sobre a presenza militar británica en Irlanda do Norte ou a discriminación lingüística dos falantes de irlandés.[4] A súa controversia provén do feito de que as súas cancións abordan de xeito explícito esta temática e con elas promoven o consumo de drogas, os actos antisociais e o insulto ás autoridades.[5]

Discografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mullally, Una (12 de abril de 2019). "Kneecap: ‘Low-life scum’ of west Belfast rap whose day has come". The Irish Times. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  2. "Amhrán na hAoine 'C.E.A.R.T.A.', le Kneecap". nos.ie. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  3. Conway, Christopher Ronan (24 de marzo de 2020). "Belfast hip hop trio Kneecap and the new Irish rebel music". irishcentral.com. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  4. X.M.P. (9 de abril de 2020). "Kneecap: hip hop en gaélico desde o barrio menos leal de Belfast". Nós Diario. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  5. Feeney, Oisin (3 de marzo de 2019). "Celebrating Gaelic gangster rap in Ireland this Seachtain na Gaeilge". irishcentral.com. Consultado o 10 de abril de 2020. 
  6. "3cag". Consultado o 10 de abril de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]