King K. Rool

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

King K. Rool (en xaponés: キングクルール Hepburn: Kingu Kurūru?) é un personaxe ficticio con forma de crocodilo antropomórfico que aparece na franquía de videoxogos Donkey Kong. É o inimigo de Donkey Kong e Diddy Kong. K. Rool é o malvado líder dun grupo de asaltantes crocodilianos coñecidos como kremlings, que se cruzaron cos Kongs en moitas ocasións. Apareceu por primeira vez no videoxogo de 1994 Donkey Kong Country para Super Nintendo Entertainment System, e foi descrito como "King K. Rool é para Donkey Kong o que Bowser é para Mario".[1] Preséntase como inestable, adoptando diferentes personalidades e títulos e utilizando unha variedade de armas para o seu beneficio. K. Rool aseméllase a un crocodilo con sobrepeso cun ollo saltón e infectado. O nome "K. Rool" é un xogo coa palabra "cruel", unha referencia á súa natureza malévola. Tamén apareceu como personaxe xogable na serie Super Smash Bros.. Ademais dos videoxogos, K. Rool apareceu na adaptación ao manga de Donkey Kong Country, a serie de animación Donkey Kong Country, banda deseñada e varias pezas de mercadoría de Nintendo.

Na triloxía de Donkey Kong Country, na súa versión para Game Boy Advance, e en Donkey Kong 64, a voz de K. Rool foi achegada polo antigo desenvolvedor de Rare, Chris Sutherland.[2][3][4] K. Rool ten a voz xaponesa de Toshihide Tsuchiya, quen tamén pon voz a Funky Kong.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Namco Bandai. "Super Smash Bros. for Nintendo 3DS and Wii U". 
  2. "David Wise on Twitter: "That would be the Multi-talented Chris Sutherland"". Twitter. Consultado o 28 de maio de 2021. 
  3. "Chris Sutherland". Behind The Voice Actors. Consultado o 3 de novembro de 2015. 
  4. "Donkey Kong 64 (Video Game 1999)". IMDb (en inglés). Consultado o 2019-12-26. 
  5. "Toshihide Tsuchiya". Behind The Voice Actors. Consultado o 3 de novembro de 2015.