Dixie Kong

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dixie Kong (ディクシーコング Dikushī Kongu?) un personaxe ficticio que aparece nas franquías de videoxogos Donkey Kong e Mario. É unha chimpancé[1] ou mona[2] cunha cola de cabalo prénsil. A súa primeira aparición foi Donkey Kong Country 2: Diddy's Kong Quest onde ela e Diddy Kong son "amigos inseparables"[3] e deben rescatar a Donkey Kong. Cranky referiuse a ela como "a moza del". Tamén é un personaxe xogable en Donkey Kong Land 2.

Dixie foi posteriormente a protagonista de Donkey Kong Country 3: Dixie Kong's Double Trouble! e Donkey Kong Land III, con Kiddy Kong como o seu acompañante. Aínda que non volveu en Donkey Kong 64, a súa irmá, Tiny Kong, serviu de substitución.

A súa seguinte aparición foi en Donkey Konga 2 para a consola GameCube, un xogo de ritmo de bongo. Ela apareceu unha vez máis no xogo exclsivo para o Xapón Donkey Konga 3. Tamén é un personaxe xogable en DK: King of Swing para a consola Game Boy Advance, Diddy Kong Racing DS e DK: Jungle Climber para Nintendo DS e Donkey Kong Barrel Blast para a Wii.

Dixie Kong tamén está dispoñible como personaxe xogable en Mario Superstar Baseball, este tamén foi o debut de Dixie Kong na franquía Mario. A súa seguinte aparición nun xogo de Mario foi en Mario Hoops 3-on-3. Máis tarde apareceu en Mario Super Sluggers. Ademais, fixo a súa aparición debut na serie Mario Kart en Mario Kart Tour para teléfonos móbiles. Despois de 6 anos sen aparecer nos xogos dende Mario Super Sluggers, volveu en Donkey Kong Country: Tropical Freeze para Wii U e Nintendo Switch.

Dixie aparece na serie de televisión Donkey Kong Country, na que a actriz Louise Vallance lle daba voz. Actualmente s súa voz pona Kahoru Sasajima.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "A wilful and adventurous young chimp", - Rareware: DKC Trilogy Cast List Official Website
  2. "Dixie Kong: a heroic little monkey with a dangerous ponytail- Official Nintendo Website - Wii (US)
  3. Donkey Kong Country 2: Diddy Kong's Quest Instruction Booklet, Nintendo, 1995, p. 16 (PDF)
  4. "Images & Sounds of Voice over Actors / Seiyuu and the Characters they play on TV Shows, Animated Movies and Video Games". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2018.