Kinaros

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kinaros
Κίναρος
Kinaros.jpg
Kinaros - Κίναρος.png
localización da illa
Situación
PaísGrecia
PeriferiaExeo Meridional
ArquipélagoDodecaneso
MarMar Exeo
Coordenadas36°58′49″N 26°17′23″L / 36.98028, -26.28972Coordenadas: 36°58′49″N 26°17′23″L / 36.98028, -26.28972
Xeografía
Superficie4'577 km²
Longura máxima3'7 km
Largura máxima1'5 km
Punto máis alto296 m (Monte Papas)
Demografía
PoboaciónDeshabitada

Kinaros ou Cinarus (Kinaros: Zinari) (grego: Κίναρος), é unha pequenailla grega no Mar Exeo, o nome ven da alcachofa (kinara) que se producen en Kinaros.[1][2] Atópase ao oeste de Kalymnos e Leros e ao leste de Amorgos, 5'5 millas náuticas ao oeste-suroeste de Lévitha,[3] é a segunda illa máis occidental do Dodecaneso logo de Astypalea. Ten unha superficie de 4'5 km. o punto máis alto da illa ten 296 m. A poboación da illa segundo o censo de 2011 é de 2 habitantes.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Kinaros pertence a un grupo de seis pequenas illas e algúns illotes, que se atopan entre Leros e Kálimnos no leste e a illa cicládica de Amorgos no oeste. Ao sur atópase Astipalea. Ademais de Kinaros que ten unha superficie de 4´577 km², este grupo de illas componse de Plaka no oeste, Glaros, as dúas illas Mavra e Lebynthos no leste. Kinaros é accesible a través das illas de Amorgós ou Kálimnos mediante lanchas rápidas. Nos meses de verán ofrécense excursións a Amorgós desde Leros e Egiali.

No lado sur da illa hai algunhas baías profundas, similares a fiordes, que ofrecen uns ancoraxes naturais para a protección dos ventos do norte. O lado occidental ten costas escarpadas inaccesibles. As plantas típicas son a maquia e a garriga que dominan a paisaxe.

Historia[editar | editar a fonte]

Debido á localización xeográfica de Kinaros, na antigüidade era un ancoraxe importante para os buques que viaxaban entre as illas Cícladas e o Dodecaneso. Suponse que había un pequeno asentamento na illa. Restos de construcións poden ser detectados arqueolóxicamente.

Kinaros hoxe[editar | editar a fonte]

Debido á remota localización da illa esta foi abandonada polos seus habitantes en 1960, foi habitada por pescadores de novo brevemente. En 2000, unha parella de anciáns trasladouse de novo á illa. Os residentes para o seu autoabastecemeento practican a agricultura e manteñen algunhas cabras. Para obter enerxía instalouse un sistema fotovoltaico. Aínda que houbo xente outra vez na illa os esforzos pola recepción de teléfono fixos e móbiles resultaron baldeiros para restablecer unha conexión a Internet vía satélite.

Poboación de Kinaros[4]
Ano 1947 1951 1961 1971 1981 1991 2001 2011[5]
Habitantes 15 12 - 3 4 2 2 0

O último home que viviu na illa (coa súa esposa, Helen Thera) Mickes Katsotourchis, morreu o 10 de xuño de 2013.

Sucesos[editar | editar a fonte]

O 11 de febreiro de 2016, un helicóptero Agusta-Bell AB212 PN28 da armada grega estrelouse na illa de Kinaros durante unha misión de adestramento pola noite, morrendo os tres militares a bordo.[6]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Dictionary of Greek and Roman Geography (1854) (ed. William Smith, LLD) http://www.perseus.tufts.edu/cgi-bin/ptext?doc=Per... English
  2. Perseus: Harry Thurston Peck, Harpers Dictionary of Classical Antiquities (1898) http://www.perseus.tufts.edu/cgi-bin/ptext?doc=Per... English
  3. "KINAROS (Island) LEROS - GTP". www.gtp.gr. Consultado o 2016-02-13. 
  4. Evolución demográfica de Kinaros 1947–2001, Oficina Grega de Estatística ELSTAT, Digitale Bibliothek (grego)
  5. Resultado do Censo de 2011, Oficina Grega de Estatística (ΕΛ.ΣΤΑΤ) (Excel-Documento, 2,6 MB)
  6. "Hellenic Navy helicopter crashes on Kinaros during military exercise". tovima.gr. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]