Saltar ao contido

Kimi no Na wa.

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kimi no Na wa.
 Título
   君の名は。 (ja) Editar o valor en Wikidata
Logotipo
 Instancia de
 Medio usado
Características
 Caracterizado por
 Cor
 Formato de distribución
 Tema principal
 Ambientado en
 Personaxes
 Obra derivada
 Lingua orixinal
Implicados
 Produtor/a executivo
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
Datas
 Data de publicación
26 de agosto de 2016 (Xapón)
25 de agosto de 2017 (Turquía)
21 de outubro de 2016 (Taiwán)
10 de novembro de 2016 (Tailandia)
12 de decembro de 2016 (República Popular da China)
1 de decembro de 2016 (Nova Zelandia)
8 de decembro de 2016 (Malaisia)
23 de xaneiro de 2017 (Italia)
11 de novembro de 2016 (Hong Kong)
28 de decembro de 2016 (Francia)
7 de abril de 2017 (España, Estados Unidos, Canadá)
5 de xaneiro de 2017 (Corea do Sur)
24 de novembro de 2016 (Australia, Reino Unido)
3 de xullo de 2016 (Anime Expo)
11 de xaneiro de 2018 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Cifras e dimensións
 Recadación
357.986.087 $
5.017.246 $
25.030.000.000 ¥ Editar o valor en Wikidata
 Duración
   107 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF174105521 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0004-8F73-0000-8-0000-0000-D Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Puntuación da crítica
8.4/10 Internet Movie Database (19 de febreiro de 2026)
4.2/5 Letterboxd (19 de febreiro de 2026)
98% Rotten Tomatoes (30 de xaneiro de 2025)
81/100 Metacritic (28 de novembro de 2024)
8.2/10 Rotten Tomatoes (10 de outubro de 2021)
8.5/10 Internet Movie Database (11 de xaneiro de 2018) Editar o valor en Wikidata
IMDB: tt5311514 Filmaffinity: 307521 Allocine: 249877 Rottentomatoes: m/your_name_2017 Mojo: yourname Allmovie: v665644 Metacritic: movie/your-name
Twitter: shinkai_works Netlix: 80161371 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Kimi no Na wa. (en xaponés: 君の名は。?) é un filme de animación xaponés de 2016 dirixido e escrito por Makoto Shinkai. Foi producido por Noritaka Kawaguchi e Genki Kawamura, con música composta por Radwimps. Kimi no Na wa. conta a historia dunha moza adolescente do Xapón rural e un rapaz de Tokyo que intercambian os seus corpos. Está protagonizado polas voces de Ryunosuke Kamiki, Mone Kamishiraishi, Masami Nagasawa e Etsuko Ichihara. Unha novela homónima escrita por Shinkai foi publicada un mes antes da estrea do filme.

Kimi no Na wa. foi distribuído por Toho. Estreouse na convención Anime Expo 2016 dos Ánxeles o 3 de xullo de 2016, e no Xapón o 26 de agosto de 2016. Recibiu a aclamación da crítica, que alabou a animación e o impacto emocional do filme, e foi un grande éxito comercial, converténdose no cuarto filme con maior recadación na historia do Xapón, o sétimo filme de animación tradicional, e o quinto filme de fala non inglesa con maior internacionalmente, cun total de $355 millóns. Gañou o premio do Festival de Cine de Sitges, o LAFCA e no Festival de Mainichi o premio de mellor filme animado, así como un nomeamento nos Premios da Academia Xaponesa á mellor animación do ano.

Taki e Mitsuha, dous adolescentes, descobren un día que mentres dormen os seus corpos se intercambian, e comezan a comunicarse entre eles por medio de notas e cos teléfonos móbiles. Ela é unha estudante dunha pequena vila que renega da vida rural e desexa vivir na cidade; el, un tímido estudante de Tokyo cun traballo a tempo parcial nun restaurante italiano. A medida que conseguen superar a sorpresa inicial, créase entre eles unha ligazón que pouco a pouco vai convértendose en algo máis.[1]

  1. Armadàs, JR (4 de xaneiro de 2017). "‘Your name’ el film d’animació que ha batut tots els rècords al Japó". El Cinèfil. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2017. Consultado o 24 de marzo de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]