Kevin Poulsen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Kevin Poulsen nado en 1965 en Pasadena, California, (EE.UU.), é un famoso phreaker de California, que durante un período de dous anos conseguiu controlar o sistema de conmutación da súa operadora de telefonía local.
Grazas aos seus coñecementos informáticos puido intervir a central de conmutación para que seleccionaran a súa liña persoal de teléfono coma a gañadora en multitude de concursos e ofertas telefónicas, mentres bloqueaba a de outros usuarios do servizo. De este modo, conseguiu gañar 2 Porsches, 2 viaxes a Hawaii e máis de 22.000 dólares en efectivo.
Finalmente foi descuberto polo FBI e acusado de diversos delitos: interceptación de comunicacións, estafas informáticas, etc.

Ligazóns externas.[editar | editar a fonte]

KevinPoulsen.com Páxina web persoal de Poulsen.
Threat Level Blog de Kevin Poulsen e Ryan Singel.