Kevin Bua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kevin Bua
Información persoal
Nome Kevin Bua
Nacemento 11 de agosto de 1993 (30 anos)
Lugar de nacemento Xenebra
Altura 1,80 m
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual CD Leganés
Número 22
Carreira xuvenil
–2013 Servette
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2013–2015 Servette FC 51 (6)
2015–2016 Zürich 30 (6)
2016–2020 Basel 70 (14)
2020– Leganés 0 (0)
Selección nacional
2013–2014 Suíza Sub-20 3 (1)
Na rede
UEFA: 250085374 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

Selección: actualizado a 8 de febreiro de 2020.editar datos en Wikidata ]

Kevin Bua Roman, nado o 11 de agosto de 1993 en Xenebra, é un futbolista profesional suízo de ascendencia galega que xoga como centrocampista para o CD Leganés da Liga SmartBank.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É fillo dun galego e unha zamorana.[1] Seu pai, Ángel Búa, xogara no filial do Celta de Vigo ata que xunto con seus pais colleu o camiño da emigración cara a Suíza. Alí traballou como condutor de autobuses en Xenebra, onde naceu Kevin.[2]

Comezou a formarse como futbolista dende os 14 anos co Servette FC, Étoile Carouge FC, FC Plan-les-Ouates (onde o adestrador era seu pai), FC Lancy-Sports e co FC Vernier, até que finalmente en 2013 debutou como futbolista profesional co Servette FC na Challenge League, xogando 51 partidos de liga e 4 de copa, cun total de seis goles. Logo de dúas tempadas fichou polo FC Zürich,[3] para xogar na Super Liga suíza, disputando un total de 30 partidos de liga na súa primeira tempada no club. Co descenso do Zürich a final de tempada, o FC Basilea aproveitou a oportunidade de fichar a Kevin Bua. En xaneiro de 2017 anotou o seu primeiro gol co club.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CD Leganés (24 de setembro de 2020). Presentación de Kevin Bua co Leganés (Youtube) (en castelán). 
  2. "Zamora, el Celta y la historia española de Kevin Bua" (en castelán). 22 de outubro de 2019. Consultado o 26 de febreiro de 2021. 
  3. "Kevin Bua wechselt von Servette zum FCZ" (en alemán). FC Zürich. 26 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 11 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2016.