Katherine Jackson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Katherine Jackson
Nome completoKattie B. Screws
Nacemento4 de maio de 1930 (93 anos)
Lugar de nacementoCondado de Barbour, Alabama, Estados Unidos de América Estados Unidos
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterWashington High School
Ocupaciónautobiógrafa e escritora
PaiPrince Albert Screws
NaiMartha Bridges
CónxuxeJoseph Jackson (m. 1949)
Fillos10, ver embaixo
Na rede
IMDB: nm1808277 WikiTree: Screws-36 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Katherine Esther Jackson, nada como Kattie B. Screws o 4 de maio de 1930 no Condado de Barbour, Alabama, é a matriarca da familia de artistas Jackson.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Jackson naceu como Kattie B. Screws no Condado de Barbour, Alabama, filla de Martha (nada Upshaw; 14 de decembro de 1907 – 25 de abril de 1990) e Prince Albert Screws (16 de outubro de 1907 – 21 de xaneiro de 1997). Cando tiña catro anos, o seu pai cambioulle o apelido a "Scruse" e o nome a Katherine Esther. A máis nova de dúas irmás, Jackson contraeu a polio con dous anos, mais sobreviviu a enfermidade. Os efectos da enfermidade deixoulle unha coxeira permanente. Con catro anos, a familia mudouse a East Chicago, Indiana, un suburbio de Chicago, e a continuación a Gary, Indiana no noroeste de Indiana. Cando era nova, Jackson aspiraba a converterse en cantante country pero desanimouse ó ver que non existían estrelas de country afroamericanas. Os seus pais divorciáronse cando aínda era nova. No instituto, uniuse á banda de música. En 1947, coñece a Joseph Jackson. Despois dun ano de relación, que comezou despois de que Joseph anulase un vello matromonio, casaron en novembro de 1949. En xaneiro de 1950, mercaron unha casa de dous cuartos en Gary. Durante os primeiros anos como matrimonio, cantaron xuntos, con Joseph tocando a guitarra. Despois de que a carreira de Joseph como boxeador fracasase, continuou a traballar na Inland Steel Company East Chicago mentres ela criaba ós seus dez fillos. (O irmán xemelgo de Marlon, Brandon, morreu pouco despois de nacer).

Fillos[editar | editar a fonte]

Katherine e Joe Jackson tiveron dez fillos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Jackson, Katherine; Rich Wiseman (1990). My Family, the Jacksons. St. Martin's Paperbacks. ISBN 0-312-92350-3.