Karmele Jaio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Karmele Jaio
Karmele Jaio idazlea 2010ean.jpg
Nacemento19 de marzo de 1970
 Vitoria
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade do País Vasco
Ocupaciónescritora, literary e xornalista
PremiosBeterriko Liburua Ohorezko Literatur Aipamena
editar datos en Wikidata ]

Karmele Jaio Eiguren, nada en Vitoria o 19 de marzo de 1970, é unha xornalista e escritora vasca.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en ciencias de información na Universidade do País Vasco e traballou no xornal Euskaldunon Egunkaria e mais no Gara. Publicou tamén columnas de opinión noutros xornais como o Diario de Noticias de Álava, Deia, Diario de Noticias de Gipuzkoa ou El País. É responsable de comunicación do Instituto Vasco da Muller, Emakunde.[1]

O primeiro libro que publicou, unha colección de relatos, foi Hamabost zauri en 2004. Nese ano gañou o premio Igartza, da editorial Elkar, coa novela Amaren eskuak que publicou en 2006 e que recibiu varios premios máis como o Beterriko Liburua en 2007, e que versionou ela mesma ao castelán co título de Las manos de mi madre publicado en 2008 pola editorial Ttarttalo. No ano 2013 Mireia Gabilondo dirixiu unha versión cinematográfica da novela.

En 2007 publicou outra colección de relatos, Zu bezain ahul e en 2009 a novela Musika airean. En Orain hilak ditugu (2015) recolleu o seu primeiro libro de poesía.

A Euskaltzaindia nomeouna académica correspondente o 17 de xullo de 2015.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Coleccións de relatos[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • Amaren eskuak (2006, Elkar)[6]
  • Musika airean (2010, Elkar)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Orain hilak ditugu (2015, Elkar)[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Mikel Asurmendi (7 de maio de 2010). "Karmele Jaio, idazlea: "Zoriontasuna azkenean uneak dira, ez gauza absolutua"". Euskonews. p. 531. 
  2. Berria, ed. (20 de xullo de 2015). "Sei euskaltzain urgazle gehiago ditu Euskaltzaindiak". 
  3. Karmele Jaio (2004). "Hamabost zauri". Elkar. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2017. 
  4. Karmele Jaio (2007). "Zu bezain ahul". Elkar. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  5. Karmele Jaio (2012). "Ez naiz ni". Elkar. 
  6. Karmele Jaio (2006). "Amaren eskuak". Elkar. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2017. Consultado o 10 de setembro de 2018. 
  7. Karmele Jaio (2015). "Orain hilak ditugu". Elkar.