Karl Baedeker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Karl Baedeker
Karl Baedeker.jpg
Nacemento 3 de novembro de 1801
  Essen
Falecemento 4 de outubro de 1859
  Koblenz
Nacionalidade Alemaña
Ocupación editor
Fillos Fritz Baedeker
editar datos en Wikidata ]

Karl Baedeker, nado en Essen o 3 de novembro de 1801 e finado en Coblenza o 4 de outubro de 1859, foi un editor alemán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun impresor, en 1827 funda a súa propia editora en Coblenza, fíxose famoso a partir de 1832 por editar guías para viaxar polos principais países de Europa, América do Norte e Oriente, esas guías coñécense como Baedeker e nos países de lingua alemá o termo mesmo se emprega para referirse a obras semellantes doutros editores. As guías conteñen valiosas introducións, descricións de edificios, coleccións de museos... escritos polos mellores especialistas.