Karina Sainz Borgo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaKarina Sainz Borgo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento10 de febreiro de 1982 Editar o valor em Wikidata (42 anos)
Caracas, Venezuela Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeVenezuela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoXornalismo, literatura, literatura de non ficción, actividade literaria, revista literaria, Radio, revista dixital e radiodifusión Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , xornalista , arts journalist (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
EmpregadorVozpópuli (en) Traducir
Onda Cero
ABC Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 2310474

Karina Sainz Borgo, nada en Caracas, Venezuela en 1982, é unha xornalista e escritora venezolana. Forma parte do que a crítica denominou a "literatura da diáspora venezolana" ou do "éxodo".[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karina Sainz Borgo naceu en Caracas, en 1982. Desde 2006 é residente en España, onde chegou con 24 anos.

Traballou para medios como Vozpópuli, Zenda ou Onda Cero.[3] Actualmente traballa como reporteira e columnista no xornal español ABC.

En 2019 publicou La hija de la española, a súa primeira novela, que foi un éxito sen precedentes na literatura venezolana e foi traducida en máis de vinte idiomas.[4][5] A novela conta a historia de Adelaida Falcón, que, tras a morte da súa nai, trata de fuxir dun país que se desmorona.[6] A revista estadounidense Time incluíu este título entre os 100 libros máis importantes do ano 2019.[7] O escritor Fernando Aramburu resalta a "extraordinaria calidade de Sainz Borgo como novelista".[8] Segundo o New York Times, a novela ten "ecos de Borges", nunha Venezuela que vive nun caos político.[9] Thierry Clermont, en Le Figaro, considera que Sainz Borgo "publica unha primeira novela maxistral, saturada de violencia, de esperanza e de luz".[10] Mentres que Florence Noiville, en Le Monde considera La hija de la española como unha bela e feroz primeira novela.[11]

En 2021 publicou El Tercer País, onde revisita o mito de Antígona e o dereito fundamental que teñen os seres humanos a enterrar os seus mortos.[12][13]

Xunto a autores como Keila Vall de la Ville, Rodrigo Blanco Calderón, Michelle Roche Rodríguez ou Camilo Pino, forma parte do que a crítica denominou a "literatura da diáspora venezolana" ou do "éxodo".[1][2][14]

Obras[editar | editar a fonte]

Crónica[editar | editar a fonte]

  • Caracas hip-hop (Caracas, 2007)
  • Cuatro reportajes, dos décadas, una historia: Tráfico y Guaire, el país y sus intelectuales (Fundación para la Cultura Urbana, 2007)
  • Crónicas barbitúricas (Círculo de Tiza, 2019)

Novela[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Grand prix de l'héroïne Madame Figaro du roman étranger (2020)[15]
  • Nomeada ao LiBeraturpreis (2020)[15]
  • Finalista do Kulturhuset Stadsteatern Stockholm (2021)[15]
  • Longlist do Europese Literatuurprijs (2021)[16]
  • Premio O. Henry (2021)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Literatura de la diáspora venezolana" (en castelán). Consultado o 2022-02-17. 
  2. 2,0 2,1 "El éxodo del talento literario" (en castelán). 2019-03-24. Consultado o 2022-02-17. 
  3. Elvira Palomo (10 de outubro de 2019). "Karina Sainz Borgo: “No conozco otra cosa que no sea la violencia”". El País. 
  4. "En espera de la tercera, por Daniel Fernández" (en castelán). 2021-12-05. Consultado o 2022-02-17. 
  5. Luis H. Goldáraz. "Karina Sainz Borgo: "No ha habido territorio más incomprendido que el del migrante"". Libertad Digital. 
  6. Enric González (decembro de 2019). "Lecturas que habría lamentado perderme en 2019". Jot Down. 
  7. "'Time' elige 'La hija de la española' de Karina Sainz entre los 100 mejores libros del año". Vozpopuli.es. 15 de novembro de 2019. 
  8. "Una novela en la fosa séptica" (en castelán). 2019-03-24. Consultado o 2022-02-17. 
  9. Lalinde, Jaime (2019-10-18). "Echoes of Borges in a Novel of War-Torn Venezuela". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-02-17. 
  10. "La fille de l’Espagnole de Karina Sainz Borgo, ou les ombres folles de Caracas" (en francés). 2020-01-22. Consultado o 2022-02-17. 
  11. "Karina Sainz Borgo : « Je viens d’un pays, le Venezuela, qui n’existe pas »". Le Monde.fr (en francés). 2020-01-04. Consultado o 2022-02-17. 
  12. Panamá, GESE-La Estrella de. "El tercer país" (en castelán). Consultado o 2022-02-17. 
  13. Maier, Anna Carolina (2021-11-22). "'El tercer país', el Comala donde uno no quiere volver" (en castelán). Consultado o 2022-02-17. 
  14. "¿Existe una literatura de la diáspora venezolana?" (en castelán). 2021-03-21. Consultado o 2022-02-17. 
  15. 15,0 15,1 15,2 Cabrices, Rafael Osío. "Karina Sainz Borgo: “No creo en las literaturas nacionales”" (en castelán). Consultado o 2022-02-17. 
  16. "Europese Literatuurprijs - Longlist 2021". Consultado o 2022-02-17.