Kamehameha II
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1797 Hilo |
| Morte | 14 de xullo de 1824 Londres |
| Causa da morte | Xarampón |
| Lugar de sepultura | Mausoleo Real de Hawai |
| Rei | |
| 1819 – 1824 | |
| Gobernador das Hawai | |
| | |
| Actividade | |
| Ocupación | monarca |
| Familia | |
| Familia | Dinastía Kamehameha |
| Cónxuxe | Kamāmalu Kalanipauahi Kīnaʻu Kekauōnohi |
| Pais | Kamehameha I |
| Irmáns | Kamāmalu Kīnaʻu Nāhiʻenaʻena Kamehameha III Pauli Kaōleiokū |
| Descrito pola fonte | Smithsonian Asian Pacific American History, Art, and Culture in 101 Objects (en) |

Kamehameha II, nado en 1797 en Hilo (Illa de Hawai) e finado o 14 de xullo de 1824, foi o segundo rei do Reino de Hawai. Era coñecido como Liholiho pero o seu nome completo era Kalaninui kua Liholiho i ke kapu ʻIolani. Cando ascendeu ó trono, o seu nome pasou a ser Kalani Kaleiʻaimoku o Kaiwikapu o Laʻamea i Kauikawekiu Ahilapalapa Kealiʻi Kauinamoku o Kahekili Kalaninui i Mamao ʻIolani i Ka Liholiho.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Era o primoxénito de Kamehameha I e da súa esposa de máis alto rango, Keōpūolani. Foi educado como herdeiro ó trono dende os cinco anos.
Kamehameha II subiu ó trono ó morrer Kamehameha I en maio de 1819, pero entre outras condicións, obrigárono a desempeñar un papel exclusivamente cerimonial; deixando o poder administrativo en mans de Ka‘ahumanu, a esposa preferida do seu padre, a quen se lle concedeu o título de Kuhina Nui, equivalente aproximado dun primeiro ministro.
Kamehameha II é principalmente coñecido por decretar a abolición do antigo sistema de leis chamado kapu, tan só seis meses despois de comezar o seu reinado. Durante o seu reinado tamén se produciu a chegada dos primeiros misioneiros cristiáns ó arquipélago de Hawai.
En novembro de 1823, viaxou a Londres coa intención de culminar as negociacións dunha alianza entre Hawai e o Reino Unido. Porén, antes de encontrarse co rei Xurxo IV, el e a súa consorte, Kamāmalu, colleron o sarampelo xa que non estaban inmunizados.[1] Kamāmalu faleceu o 4 de xullo de 1824 e Kamehameha II seis días despois.[2] O seu sucesor foi o seu irmán máis novo, Kauikeaouli, que se converteu en Kamehameha III.
Árbore xenealóxica
[editar | editar a fonte]| 16. Keaweikekahialiʻiokamoku | ||||||||||||||||
| 8. Keʻeaumoku Nui | ||||||||||||||||
| 17. Kalanikauleleaiwi | ||||||||||||||||
| 4. Keōua Kalanikupuapaʻikalaninui | ||||||||||||||||
| 18. Ku-a-Nuʻuanau | ||||||||||||||||
| 9. Kamakaʻimoku | ||||||||||||||||
| 19. Umiula-a-Kaʻahumanu | ||||||||||||||||
| 2. Kamehameha I | ||||||||||||||||
| 20. Kauaua-a-Mahi | ||||||||||||||||
| 10. Haʻae-a-Mahi | ||||||||||||||||
| 21. Kalanikauleleaiwi | ||||||||||||||||
| 5. Kekuʻiapoiwa II | ||||||||||||||||
| 22. Keaweikekahialiʻiokamoku | ||||||||||||||||
| 11. Kekelakekeokalani-a-Keawe | ||||||||||||||||
| 23. Kalanikauleleaiwi | ||||||||||||||||
| 1. Kamehameha II de Hawai | ||||||||||||||||
| 24. Kalaninuiamamao | ||||||||||||||||
| 12. Kalaniʻōpuʻu | ||||||||||||||||
| 25. Kamakaʻimoku | ||||||||||||||||
| 6. Kīwalaʻō | ||||||||||||||||
| 26. Kekaulike | ||||||||||||||||
| 13. Kalola Pupuka-o-Honokawailani | ||||||||||||||||
| 27. Kekuʻiapoiwa | ||||||||||||||||
| 3. Keōpūolani | ||||||||||||||||
| 28. Keʻeaumoku Nui | ||||||||||||||||
| 14. Keoua Kalanikupuapaikalaninui | ||||||||||||||||
| 29. Kamakaʻimoku | ||||||||||||||||
| 7. Kekuʻiapoiwa Liliha | ||||||||||||||||
| 30. Kekaulike | ||||||||||||||||
| 15. Kalola Pupuka-o-Honokawailani | ||||||||||||||||
| 31. Kekuʻiapoiwa | ||||||||||||||||
| Predecesor: Kamehameha I |
Rei de Hawai 1819 - 1824 |
Sucesor: Kamehameha III |
Liña de tempo
[editar | editar a fonte]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Shulman, Stanford T.; Shulman, Deborah L.; Sims, Ronald H. (agosto de 2009). "The Tragic 1824 Journey of the Hawaiian King and Queen to London: History of Measles in Hawaii". The Pediatric Infectious Disease Journal 28 (8). pp. 728–733. PMID 19633516. doi:10.1097/INF.0b013e31819c9720.
- ↑ Theophilus Harris Davies (26 de xullo de 1889). "The last hours of Liholiho and Kamamalu: a letter sent to H.R.H. Princess Liliuokalani presented to the Hawaiian Historical Society". Annual report of the Hawaiian Historical Society 1897. pp. 30–32. hdl:10524/75.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Kamehameha II Arquivado 14 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- Kamehameha II (en inglés)
