Saltar ao contido

Hilo, Hawai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaHilo, Hawai
Hilo (en) Editar o valor en Wikidata
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 19°42′20″N 155°05′09″O / 19.7056, -155.0858
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoHawai
CondadoCondado de Hawaii (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación44.186 (2020) Editar o valor en Wikidata (292,71 hab./km²)
Número de fogares16.225 (2020) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaHilo-Kailua micropolitan area (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie150,956132 km² Editar o valor en Wikidata
Auga8,3987 % (1 de abril de 2010) Editar o valor en Wikidata
Altitude18 m Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal96720–96721 e 96720 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico808 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Vista de Hilo.

Hilo (pronunciado ghi-lo) é unha cidade costeira do estado estadounidense de Hawai, e é o maior núcleo de poboación da Illa Grande de Hawai. Segundo o censo do 2000 o CDP census-designated place (área designada polo censo) tiña unha poboación de 40.759 habitantes. Hilo é a sede do condado de Hawai, e está situada no South Hilo District. A cidade ten vistas á Baía de Hilo, e está preto de dous volcáns: Mauna Loa, que se atopa activo, e Mauna Kea, en cuxa cume nevado se atopan varios observatorios. A cidade é a sede da University of Hawaii at Hilo, e o berce do Festival do Merry Monarch, unha celebración de sete días do hula antigo e moderno, que ten lugar na semana logo da Pascua.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Hilo é a cidade máis meridional de todo Estados Unidos. A localización da cidade no lado leste da illa de Hawai (ao barlovento dos ventos alisios) convértea nunha das cidades máis chuviosas do mundo. Ten unha media anual de 3.281 milimetros de precipitacións. A súa localización a beiras da Hilo Bay, con forma de embude, faia máis vulnerable que moitas outras cidades aos tsunamis. Segundo a Oficina Censal dos Estados Unidos, o CDP ten unha área total de 151,4 km². 140,6 km² corresponden a terra e 10,7 km² son auga. O 7,10% da área total é auga.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do 2000, hai 40.759 persoas, 14.577 fogares, e 10.101 familias dento do CDP. A densidade de poboación é 289,9 hab/km². Hai 16.026 vivendas cunha densidade media de 114,0 viv/km²;. A CDP divídese racialmente entre un 17,12% de euroamericanos, un 0.45% de afroamericanos, un 0,34% de indios, un 38.30% de asiáticos, un 13,12% de insulares do Pacífico, un 0.94% doutras razas, e un 29,74% de 2 ou máis razas. O 8,78% da poboación se autocalifica como hispano ou latino de calquera raza.

Dos 14.568fogares, o 30,6% ten nenos menores de 18 baixo o seu teito, o 48.5% é parellas casadas vivindo xuntas, o 15,2% ten unha xefa de familia sen un marido presente, e o 30,7% non son familias. O 24,1% de todos os fogares son individuos vivindo sos e o 10,6% son maiores de 65 vivindo sos. A tamaña media dun fogar é 2,70 e o dunha familia é 3,19.

Dentro do CDP a poboación divídese por idades co 24.7% sendo menores de 18, o 10,3% entre 18 e 24, 24,4% entre 25 e 44, 23,9% entre 45 e 64, e un 16,7% que ten 65 anos ou máis de idade. A idade media é 39 anos. Por cada 100 mulleres hai 95,9 homes. Por cada 100 mulleres maiores de 18, hai 91,9 homes.

O ingreso medio por fogar dentro do CDP é U$39.139, e o ingreso mediano por unha familia é U$48.150. Os homes teñen uns ingresos medios de 36.049 $ fronte ás mulleres con 2.626 $. A renda per cápita é de 18.220 $. O 17,1% da poboación e o 11.1% das familias atópanse por baixo do limiar da pobreza. Entre toda a poboación, o 23.5% dos menores de 18 e o 6.7% dos maiores de 65 atópanse por baixo da liña de pobreza.

Aínda que non hai moitos restos arqueolóxicos, as zonas xunto a Hilo Bay, o río Wailuku e o río Wailoa seguramente foron habitados antes do contacto con Occidente. Os misioneiros chegaron a Hilo a principios do século XIX, fundando varias igrexas, como a Haili Church.

Hilo expandiuse mentres as plantacións de cana de azucre ao redor da cidade atraeron moitos obreiros de Asia, e a cidade chegou a ser un centro comercial.

A principios do século XX comezou a construción dun crebaondas para Hilo Bay, que se completou en 1929. O 1 de abril de 1946, un terremoto cunha magnitude de 7,8 na escala de Richter preto das Illas Aleutianas causou unha tsunami de 14 metros de altura que arrasou Hilo unhas horas despois, matando a 159 persoas. Como resposta, estableceuse o Centro de Avisos de Tsunamis do Pacífico para rastrexar estas ondas fatais e dar alertas.

O 23 de maio de 1960, outra tsunami, causado polo Terremoto de Valdivia, matou a 61 persoas, supostamente por non facer caso ás sirenas de alerta. As zonas baixas á beira da baía e na península Waiakea, outrora poboadas, foron rededicadas como parques e monumentos conmemorativos.

Hilo expandiuse terra dentro empezando nos 60. O centro atopou un novo papel nos 80 como o corazón cultural da cidade coa apertura de varias galerías de arte.

Cando pecharon as plantacións de cana de azucre (ata as de Hamakua) durante os 90, a economía local entrou en recesión, do mesmo xeito que o resto do estado. En anos recentes, Hilo viu unha expansión comercial e humana mentres que o distrito veciño de Puna converteuse na zona de maior crecemento do estado.

Goberno e política

[editar | editar a fonte]

Hilo non é unha cidade incorporada, e carece de goberno municipal. A illa enteira, que ten unha superficie un pouco menor que o estado de Connecticut, queda baixo a xurisdición do Condado de Hawai, do que Hilo é a capital.

Hilo ten oficinas do condado, o estado, e o goberno federal (incluíndo un Palacio de Xustiza federal).

Hilo e as zonas veciñas son tradicionalmente máis leais aos demócratas que a parte occidental da illa; isto aumenta a tensión entre as dúas áreas municipais principais. Tamén presentou máis oposición aos proxectos de desenvolvemento que outras grandes comunidades do estado.

Hilo ten un gran sector turístico, do mesmo xeito que toda a illa. Como a segunda cidade do estado, ten centros comerciais ou 'malls', cines, hoteis, restaurantes e un centro recheo de varias tendas.

Lugares de interese

[editar | editar a fonte]