KRunner

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
KRunner
Krunner4 1 beta1.png
Versión 4.1 (beta 1) de KRunner.
Última versión4.2.3
(6 de maio do 2009)
Repositorioinvent.kde.org/frameworks/krunner
Sistema operativoMultiplataforma[1]
Lingua/sVarias
Galego: Si
TipoLanzador de aplicacións
LicenzaGPL

KRunner é o lanzador de aplicacións do ambiente de escritorio KDE4.

Funcionalidades[editar | editar a fonte]

KRunner permite buscar e abrir ficheiros e aplicacións. Asemade, pode usarse para operacións máis xenéricas, coma de calculadora ou de conversor de unidades.

A aplicación permite o inicio rápido doutros programas, así como de marcadores do Konqueror ou de ficheiros e cartafoles abertos recentemente (incluídas páxinas web visitadas). Tamén pode usarse

  • coma consola (para introducir comandos),
  • para introducir un URL ou facer buscas rápidas en Google ou na Wikipedia,
  • para mandar un correo electrónico a un contacto,
  • para xestionar a enerxía do sistema[2],
  • conta cunha interface orientada a comandos e outra pensada para tarefas,
  • e a interface conta cun un acceso ao xestor de procesos do sistema.

Na seguinte versión de KDE, a 4.3, KRunner cambiará lixeiramente o modo en que amosa a información, en entre as súas novidades estará a busca de música en Amarok[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Véxase o artigo sobre KDE.
  2. "Tutorials/Krunner" (wiki) (en inglés). Consultado o 22/05/2009. 
  3. "Novedades para KDE 4.3: KRunner - KDE Blog" (blog) (en castelán). Consultado o 22/05/2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]