KK Vršac
KK Vršac | |
Información xeral | |
---|---|
Nome | Košarkaški Klub Vršac Кошаркашки клуб Вршац |
Liga | KLS |
Fundación | 1946 |
Historia | KK Hemofarm (1992–2012) |
Cores | Granate, branco |
Presidente | Vladan Majstorović |
Adestrador | Siniša Matić |
Localización | |
Cidade | Vršac, Serbia |
Pavillón | Millennium Center |
Capacidade | 4 400 |
Inauguración | 5 de abril de 2001 |
Campionatos | |
ABA Liga | 1 (2005) |
kls.rs/kk-vrsac |
O Košarkaški Klub Vršac (en serbio: Кошаркашки клуб Вршац) é un club de baloncesto profesional da cidade de Vršac, Voivodina (Serbia). Compite na KLS serbia. O club posúe tamén unha sección feminina, que tamén compite na máxima categoría nacional. O seu pavillón é o Millennium Center, que conta con capacidade para 5.000 espectadores.[1] O único título conseguido polo club até o momento foi unha Liga do Adriático en 2005. Durante súa maior época de esplendor, o club foi coñecido por motivos de patrocinio co nome de KK Hemofarm.
Historia
[editar | editar a fonte]O club naceu en 1946 baixo o nome de "Jedinstvo", mais non conseguiu competir nas máximas competicións nacionais (nivel nacional iugoslavo) até 1959, cun nome diferente: "Mladost". Por motivos de patrocinio o club troca o seu nome polo de "Inex Brixol" en 1967, e "Agropanonija" en 1968. En 1977 o club pasa a competir baixo o nome da cidade "Vršac". Iso será até 1981, cando por mor dun novo patrocinio con "Inex Hemofarm, o nome do club troca polo de "Inex Vršac".
En 1982, o club participa por primeira vez na Liga de Voivodina, e na tempada 1986-87 ascende á "B-League" logo de acadar a primeira praza nesa competición. En 1992, o grupo Hemofarm convértese no principal patrocinador, e en 1998 o club finaliza no primeiro lugar da "B-League", ascendendo á YUBA Liga, a máxima categoría nacional. No ano 2000 o club finaliza na cuarta praza na liga e consegue polo tanto unha praza para disputar a Copa Korać na tempada seguinte.
No 2005 chegou o primeiro, e até o de agora único título importante do club, ao proclamarse campión da Liga do Adriático tras gañar na final ao KK Partizan por 89 a 76, e tendo finalizado tamén a liga regular ese ano na primeira posición, cun balance de 22 vitorias e 8 derrotas. O Hemofarm disputou novamente a final da Liga do Adriático na tempada 2007-08, perdéndoa fronte ao Partizan por 69 a 51.
Pavillón
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Millennium Center.
O Millennium Center (ou Millennium Hall) é un pavillón deportivo é un centro de negocios situado na cidade de Vršac, e que acolle os partidos como local do Hemofarm. O Millennium Center acolleu tamén algúns encontros do Eurobasket 2005 durante o mes de setembro, concretamente do grupo A da fase preliminar onde se enfrontaron as seleccións de Rusia, Alemaña, Italia e Ucraína. A súa capacidade é de 5.000 espectadores.
Xogadores
[editar | editar a fonte]Destacados
[editar | editar a fonte]- Danilo Anđušić
- Zlatko Bolić
- Petar Božić
- Nemanja Dangubić
- Miloš Dimić
- Đorđe Gagić
- Mladen Jeremić
- Nemanja Krstić
- Bojan Krstović
- Raško Katić
- Milan Mačvan
- Boban Marjanović
- Stefan Marković
- Darko Miličić
- Nikola Milutinov
- Nenad Mišanović
- Luka Mitrović
- Jovan Novak
- Miljan Pavković
- Vanja Plisnić
- Petar Popović
- Marko Simonović
- Predrag Šuput
- Vladimir Tica
- Milenko Topić
- Slavko Stefanović
- Dragoljub Vidačić
- Vladan Vukosavljević
- Jasmin Hukić
- Aleksej Nešović
- Marko Šutalo
- Saša Vasiljević
- Moon Tae-Jong
- Goran Jagodnik
- Nebojša Joksimović
- Mustafa Abdul-Hamid
- Robert Conley
- Vonteego Cummings
- Gerrod Henderson
- Kyle Hill
- Trey Johnson
- Rashad Wright
- Bojan Bakić
- Nebojša Bogavac
- Miloš Borisov
- Ivan Maraš
- Nemanja Radović
- Boris Savović
- Rawle Marshall
- Márton Báder
- Jerome Jordan
Adestradores
[editar | editar a fonte]- Miroslav Kanjevac (1994–1995)
- Marin Sedlaček (1995–1996)
- Ivan Jeremić (1996–1997)
- Slobodan Lukić (1997–1998)
- Željko Lukajić (1998–2005)
- Luka Pavićević (2005)
- Miroslav Nikolić (2005–2008)
- Vlada Vukoičić (2008)
- Stevan Karadžić (2008–2010)
- Željko Lukajić (2010–2012)
- Dušan Gvozdić (2012)
- Nebojša Bogavac (2012)
- Oliver Popović (2012–2014)
- Dušan Gvozdić (2014–2015)
- Miloš Pejić (2015–2016)
- Milan Gurović (2016)
- Vladimir Đokić (2016–2018)
- Goran Topić (2018)
- Mihajlo Mitić (2018)
- Branko Maksimović (2018)
- Darko Kostić (2019–2020)
- Zoran Todorović (2020)
- Vladimir Lučić (2020–2021)
- Vladimir Đokić (2021–2022)
- Siniša Matić (2022–presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2005
- Subcmpións (1): 2008
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Millennium.rs - SPORTS HALL". Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2010. Consultado o 21 de xuño de 2010.