Kętrzyn
| Epónimo | Wojciech Kętrzyński | |||
|---|---|---|---|---|
| Localización | ||||
| ||||
| Estado | Polonia | |||
| Voivodatos | Varmia e Masuria | |||
| Powiat | Condado de Kętrzyn (pt) | |||
| Capital de | ||||
| Poboación | ||||
| Poboación | 26.174 (2021) | |||
| Xeografía | ||||
| Superficie | 10,35 km² | |||
| Altitude | 105 m | |||
| Creación | 1329 (Gregoriano) | |||
| Identificador descritivo | ||||
| Código postal | 11-400 | |||
| Outro | ||||
| Irmandado con | ||||
| Sitio web | miastoketrzyn.pl | |||
Kętrzyn (en polaco e oficinalmente, pronunciado /ˈkɛntʂɨn/; en alemán: Rastenburg; antigamente en polaco: Rastembork), é un municipio do noroeste de Polonia que en 2004 tiña unha poboación de 28.351 habitantes. Actualmente pertence ao voivodato de Varmia e Masuria, mais entre 1975 e 1998 foi parte do de Olsztyn. É a capital do condado de Kętrzyn, e recibiu o seu nome en 1950 do historiador Wojciech Kętrzyński.
Historia
[editar | editar a fonte]Os poboadores orixinais da rexión foron a tribo báltica dos aesti, mencionados polo historiador romano Tácito na súa obra Xermania. A vila, coñecida en alemán como Rastenburg e en polaco como Rastembork, foi establecida en 1329 no Estado da Orde Teutónica e lle foron recoñecidos os dereitos de vila en 1357.
En 1914, durante a primeira guerra mundial, foi escenario da batalla dos lagos de Masuria durante a campaña de Tannenberg. Durante a segunda guerra mundial foi o lugar onde Adolf Hitler tivo os seus cuarteis militares, chamados Wolfsschanze, e que estaban localizados nun bosque ao leste da poboación. En 1945 a zona foi devastada polos alemáns en retirada e polo avance dos soviéticos na campaña de Vistula-Oder. A vila foi ocupada polo Exército Vermello en 1945 preto do fin da guerra. Logo da guerra, pasou a pertencer a Polonia, como foi acordado na Conferencia de Potsdam. Os residentes alemáns que non foran evacuados foron expulsados e substituídos por polacos. A vila foi renomeada como Rastembork en 1945, e máis adiante, en 1950, cambiou novamente o seu nome polo actual, Kętrzyn.
Persoas vencelladas a Kętrzyn
[editar | editar a fonte]Galería
[editar | editar a fonte]- Igrexa de San Xurxo
- Monumento a Wojciech Kętrzyński
- Castelo de Kętrzyn
- Drei Thore des Tempels
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kętrzyn |
| A Galipedia ten un portal sobre: Polonia |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Provinz Ostpreußen Arquivado 13 de maio de 2011 en Wayback Machine. (en alemán)
- Páxina do concello (en polaco)

