Königin der Nacht

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Königin der Nacht, entrada antes da súa primeira aria ("O zittre nicht, mein lieber Sohn"). Posta en escena por Karl Friedrich Schinkel (1781-1841) para unha produción de 1815.

Königin der Nacht (en galego A Raíña da Noite), é unha das personaxes de Die Zauberflöte, a última ópera escrita por Wolfgang Amadeus Mozart. Königin der Nacht é a nai da protagonista, Pamina. Esta personaxe só ten dúas intervencións na ópera: "O zittre nicht, mein lieber Sohn" (no primeiro acto) e "Der Hölle Rache kocht in meinem Herzen" (no segundo acto). Na primeira das súas arias mostra unha falsa aparencia de nai amante e aldraxada, mais na segunda amosa o seu carácter real, ameazando a Pamina con repudiala se non asasina a Sarastro aproveitando a confianza que el ten nela.[1]

O papel, que require dunha soprano coloratura, presenta unha gran dificultade polo rexistro vocal que presenta (dun re4 a un fa6),[2] pola gran cantidade de notas picadas e pola variada gama dinámica que esixe.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "MOZART – LA FLAUTA MÁGICA “DIE HÖLLE RACHE” (ANÁLISIS)" (en castelán). bustena.wordpress.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  2. "Arias de Die Zauberflöte" (en inglés). aria-database.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2017.