Kílian Jornet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kílian Jornet
Kílian Jornet Burgada.jpg
Nacemento 27 de outubro de 1987
  Sabadell
Nacionalidade España
Educado en University of Perpignan Via Domitia
Ocupación ultramaratonista, ski mountaineer e montañista
editar datos en Wikidata ]

Kílian Jornet i Burgada, nado en Sabadell, Vallès Occidental, o 27 de outubro de 1987,[1] é un esquiador e corredor de montaña catalán.[2] É un deportista especialmente prolífico, foi campión do mundo de esquí de montaña en 2010 e 2011, e campión do mundo de carreiras de montaña dende o 2007 ó 2010[3] e tamén do 2012 ó 2014.[4] É especialmente coñecido por gañar en tres ocasións (2008, 2009 e 2011) a Ultra-Trail du Mont Blanc e a Pierra Menta (2008,[5] 2010[6] e 2011).[7] Jornet tamén foi proclamado gañador en dúas ocasións da Grand Raid da illa da Reunión, o Diagonale des Fous (2010[8] e 2012),[9] gañou en 8 ocasións o maratón Zegama-Aizkorri, e entrou na primeira posición en todas as edicións da Giir di Mont entre 2008 e 2011, carreira que tamén gañou no 2014.[10] Ademais, tamén batiu moitos rexistros de tempos e distancias, tales como o Tahoe Rim Trail, o "Hardrock 100 (en ámbolos dous sentidos),[11][12] o GR20 (2009),[13] o ascenso e baixada do Kilimanjaro ou a varios picos emblemáticos do planeta, grazas ó proxecto Summits of my Life.[14] É amplamente recoñecido como un dos mellores atletas de todos os tempo na súa disciplina,[15] e en 2014, a revista National Geographic distinguiuno como o aventureiro do ano.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Skimountaineering.org (ed.). "View Racer: Kílian Jornet Burgada" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2011. Consultado o 5 de xuño de 2012. 
  2. "Kílian Jornet". L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana. 
  3. kilianjornet.cat (ed.). "La meva vida". Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 16 de setembro de 2012. 
  4. Kilian Jornet guanya la Mount Kinabalu Climbathon i es proclama per quarta vegada campió del Món (consulta 14 de outubro de 2012)
  5. http://www.pierramenta.com/images/2008/gene2008.pdf Classificació Pierra Menta 2008
  6. http://www.pierramenta.com/ (ed.). "Pierra Menta 2010 - Classement général" (pdf) (en francés). Consultado o 13 de xuño de 2014. [Ligazón morta]
  7. http://www.pierramenta.com/images/2011/genedimanche.pdf Classificació Pierra Menta 2011
  8. Purerunners (24 de outubro de 2010). "Diagonale des Fous 2010: Kilian Jornet vainqueur" (en francés). Arquivado dende o orixinal o 04 de decembro de 2012. Consultado o 20 de outubro de 2012. 
  9. 3/24 (20 de outubro de 2012). "Kilian Jornet guanya la Diagonale des Fous a l'illa de la Reunion després de córrer gairebé 27 hores" (en catalán). Consultado o 20 de outubro de 2012. 
  10. "Classificació Giir di Mont 2014". Consultado o 31 de xullo de 2014. 
  11. "Kilian Jornet vence y revienta el récord de la Hardrock 100". Desnivel. 12 de xullo de 2014. Consultado o 12 de xullo de 2014. 
  12. "Kilian Jornet vence su segunda Hardrock 100 consecutiva con un nuevo récord". Desnivel. 11 de xullo de 2015. Consultado o 11 de xullo de 2015. 
  13. "Guillaume Peretti bate el récord de Kilian Jornet en el GR-20 de Córcega". Carreras por montaña. 8 de xullo de 2014. Consultado o 8 xullo de 2014. 
  14. "Summits of my Life. El projecte". Consultado o 12 de xullo de 2014. 
  15. Roberto Palomar (9 de outubro de 2010). Diario Marca, ed. "Kilian Jornet, una fuerza de la naturaleza" (en castelán). Consultado o 16 de setembro de 2012. 
  16. "Kilian Jornet rep el premi Aventurer de l'Any, que atorga la revista "National Geographic"". 324.cat. 13 de febreiro de 2014. Consultado o 13 de febreiro de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]