Justo Martínez Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJusto Martínez Martínez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de agosto de 1842 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte27 de agosto de 1930 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
Oleiros, España Editar o valor em Wikidata
Senador de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico , militar , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Justo Martínez Martínez, nado en Santiago de Compostela o 6 de agosto de 1842 e finado na Coruña o 27 de agosto de 1930, foi un médico, militar e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Braulio Martínez Núñez e neto de Manuel Ramón Martínez Pereira y Sarmiento. Foi alumno supernumerario no Hospital Clínico da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela (1865), graduouse en Dereito e Medicina e Cirurxía (1866). Ingresou no Corpo de Sanidade Militar (1866). Enviárono a Alemaña, Italia e Francia para formarse e recoller ideas sobre ambulancias, técnicas sanitarias e material clínico para implantalos no Exército español. Destinado no Hospital Militar da Coruña (1868), foi Xefe do Hospital de Chafarinas (1870). Participou na Terceira Guerra Carlista. Foi médico persoal de Emilio Castelar. Nas eleccións de 1873 foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Estrada. Foi senador pola provincia de Pontevedra (1893-1895). Marchou a Cuba, onde foi xefe de servizos do Hospital Alfonso XIII da Habana, vencellándose ao Centro Galego da Habana. Durante a guerra de Cuba participou en varias accións, sendo condecorado. Ao regreso da campaña de Cuba foi nomeado Director do Instituto Anatómico-Patológico (1897). Volveu ser elixido Senador por Pontevedra (1898-1905), deputado por Lalín (1905-1910) e Senador vitalicio en 1910. Foi Xefe de Sección do Ministerio da Guerra (1907) e Presidente do Consello de Administración da Compañía de Tranvías de Madrid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]