Juniperus navicularis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Juniperus navicularis en Melides (Grândola, Portugal).

Juniperus navicularis Gand. é unha planta arbustiva do xénero dos xenebreiros, encadrada na familia Cupressaceae. Vive exclusivamente en areais costeiros portugueses.

Descrición[editar | editar a fonte]

É un arbusto dioico de ata 2 metros de altura. As follas son aciculares, e de 4 a 12 mm de longo e arredor de 1 mm de largo, co ápice redondeado e cun mucrón [1]. As follas xúntanse na base en verticilos de tres, xeralmente. Teñen un nervio central verde moi marcado e, ás beiras, aparecen dúas bandas estomáticas de cor abrancazada na cara.

Os conos, denominados gálbulos, son moi pequenos e teñen aspecto de baga. Aparecen de xeito axilar. A súa cor varía dende os estadios xuvenís onde vai do amarelo ó vermello, ós estadios adultos onde a cor é castaña.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Punta curta, máis ou menos aguda, no extremo dun órgano calquera (DRAG).